Meritxell Huch Ortega, nada en Barcelona en 1978 é unha bióloga española, especializada en células nai, investigadora e directora no Instituto Max Planck de Bioloxía Molecular e Xenética. A súa procura céntrase na rexeneración de tecidos e no desenvolvemento de modelos de enfermidades nos tecidos para órganos humanos. En 2023 obtivo unha bolsa do Consello Europeo de Investigación.
Traxectoria Despois da etapa universitaria, Huch decidiu dedicarse a ciencia para entender cómo funciona a aspirina. Estudou Farmacia na Universidade de Barcelona, onde se licenciou en 2003 e se doutorou en 2007. Completou a súa investigación doutoral no Centro de Regulación Xenómica, onde traballou xunto á científica biomédica Cristina Fillat. Despois pasou un ano como bolseira posdoutoral antes de trasladarse ao Instituto Hubrecht en Ámsterdam cunha bolsa Marie Curie. En Utrecht traballou no laboratorio de Hans Clevers, onde illou as células nai responsables da renovación do estómago adulto.
Huch foi nomeada investigadora Sir Henry Dale no Gurdon Institute na Universidade de Cambridge. Detentou un posto conxunto co The Wellcome Trust e o Departamento de Fisioloxía. Despois de cinco anos en Cambridge, Huch incorporouse ao Instituto Max Planck de Bioloxía Celular Molecular e Xenética como unha das primeiras persoas participantes no Programa de Excelencia Lise Meitner. Foi nomeada membro do consello de administración en 2022.
As investigaciones de Huch céntranse na inflamación e o dano nos tecidos asociados a enfermidade hepática crónica e o cancro. O seu grupo desenvolveu a creación de órganos en miniatura para estudar o fundamento molecular de rexeneración de tecidos en persoas adultas. Despois de identificar as células nai responsables da rápida renovación do estómago adulto, Huch demostrou que poderían ser mantidos en cultivos. A continuación, pasou ás células do fígado, demostrando o potencial replicativo das células proxenitoras durante a rexeneración e mostrando que son candidatas prometedoras para futuras intervencións terapéuticas en enfermidades do fígado. A súa procura ten o potencial de reducir o uso de animais na investigación científica.
Escolma de publicacións 2010: Barker N; Huch M; Kujala P; et al. "Stem cells drive self-renewal in the stomach and build long-lived gastric units in vitro". Cell Stem Cell. 6 (1): 25–36. ISSN 1934-5909. 2013: Meritxell Huch; Craig Dorrell; Sylvia F Boj; et al. "In vitro expansion of single Lgr5+ liver stem cells induced by Wnt-driven regeneration". Nature. 494 (7436): 247–250. ISSN 1476-4687. 2014: Sylvia F Boj; Chang-il Hwang; Lindsey Baker; et al. "Organoid models of human and mouse ductal pancreatic cancer". Cell. 160 (1–2): 324–338. ISSN 0092-8674.
Premios e honras 2016: Premio Hamdan á Excelencia na Investigación Médica 2017: Medalla de Mulleres en Bioloxía Celular 2018: Premio Dame Sheila Sherlock 2018: Seleccionada como investigadora nova Elected da EMBO (Organización Europea de Bioloxía Molecular) 2019: The BINDER Innovation Prize 2022: Premio Hilde Mangold da Rede Alemá de Células Nai. 2023: Obtivo unha Subvención de Consolidación do Consello Europeo de Investigación 2024: Premio Otto Bayer
Notas
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Biólogos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Bioquímicos de España Categoría:Biólogos moleculares