O posporno é un movemento artístico e activista que busca subvertir as ideas hexemónicas da sexualidade e o corpo a través de reinterpretacións feministas e queer da pornografía. O posporno céntrase en corpos e formas de representar que se afastan da mirada predominante na pornografía. A diferenza da pornografía feminista, con frecuencia leva a cabo performances e obras de arte pública, así como intervencións dixitais, talleres e obra escrita.
Inicios do posporno O posporno xorde a mediados da década de 1980 nos Estados Unidos, como postura política fronte ao movemento antipornografía de grupos como Women Against Pornography e autoras como Andrea Dworkin, e vinculado por tanto ao feminismo pro-sexo.
O texto fundacional do movemento é o Manifesto Post-Porno, asinado polas activistas e performers Annie Sprinkle, Verónica Vera, Candida Royalle e Frank Moore. O concepto foi usado inicialmente polo fotógrafo Wink van Kempen e popularizado por Sprinkle.
Posporno en España e Latinoamérica A recepción do posporno en España iniciouse a finais da década de 1990 baixo a influencia dos novos movementos cuir e, posteriormente, do transfeminismo. O movemento desenvolveuse de forma significativa na década de 2000, cunha influencia destacada de Paul B. Preciado, Virginie Despentes e María Llopis no plano teórico e un carácter crítico e contracultural. Neste sentido, desde as súas orixes combinaron accións en centros de arte contemporánea con outras en centros sociais autoxestionados e espazos asociativos.
O colectivo Girlswholikeporno (GWLP), que integraban Maria Llopis e Águeda Bañón, foi un dos primeiros grupos no Estado español desta corrente crítica, centrada na subversión de normas sexuais patriarcais. Entre os anos 2004 e 2007 realizaron pezas de videoarte, performances, fotografía e talleres feministas. Llopis é tamén autora dunha obra en solitario que explora temas como o pracer e a violencia sexual, a sexualidade das mulleres maiores, a performatividade de xénero ou as maternidades alternativas. Diana J. Torres é autora dunha obra orientada á performance pública que ela denominou "pornoterrorista". En 2010 participou xunto a outros colectivos nunha homenaxe a Ocaña no Palau de la Virreina de Barcelona.
En 2003 Preciado organizou no MACBA o Maratón posporno, o primeiro congreso e exposición sobre o tema no Estado español. Contou co seminario "Pornografía, pospornografía: estética e políticas de representación sexual", así como performances, proxeccións, conferencias e un taller con Annie Sprinkle. En Barcelona xurdiron tamén os colectivos Post-Op (2003) e Quimera Rosa (2008). O primeiro incorporou unha perspectiva biopolítica que reproduce e resignifica diferentes prácticas e "tecnoloxías de xénero" para alterar os seus significados. Na cidade tamén se creou a Mostra Marrana, un evento anual que contou con sete edicións, a última delas na Cidade de México. En Valencia formouse en 2001 o colectivo O.R.G.I.A. (Organización Reversible de Géneros Intermedios y Artísticos).
Na década de 2010 tamén se desenvolveron prácticas posporno en México e Colombia con artistas como Nadia Granados, Felipe Osornio, Rocío Boliver e Mirna Roldán. Na Arxentina celebráronse tres edicións da Muestra de Arte Pospornográfico, así como outras performances.
Artistas do movemento
Maria Llopis. Diana J. Torres. Girlswholikeporno. Post-Op. Quimera Rosa. Spencer Tunick Rocío Boliver
Paul B. Preciado. Itziar Ziga. O.R.G.I.A. Annie Sprinkle. Helena Torres. Erreakzioa-Reacción.
Libros
Llopis, Maria. El postporno era eso. Melusina, 2010. . Torres, Diana J. Pornoterrorismo. Txalaparta, 2010. . Egaña Rojas, Lucía. Atrincheradas en la carne. Lecturas en torno a las prácticas postpornográficas. Bellaterra, 2017. .
Filmografía
Mi sexualidad es una creación artística (Lucía Egaña Rojas, 2011). Mutantes. Feminismo porno punk (Virginie Despentes, 2009). Yes, we fuck! (Antonio Centeno e Raúl de la Morena, 2015).
Ver tamén
Teoría cuir Transfeminismo
Notas
Categoría:Arte feminista