Teoría King Kong (en ) é un ensaio feminista de Virginie Despentes, publicado orixinalmente en 2006. Foi traducido ao galego en 2022 por Raquel Senra.
Título O título da obra é unha referencia ao monstro King Kong, en especial á versión do filme de Peter Jackson:
Contidos Teoría King Kong parte de elementos autobiográficos para reflexionar sobre a sexualidade e deconstruír a categorización binaria das identidades masculina e feminina. Despentes analiza "os mecanismos de dominación e vergonza" aos que son sometidas as mulleres, convertidas en simples obxectos do pracer masculino. Tamén relata as súas experiencias como prostituta, así coma os traumas ligados á violación e á exploración das prácticas pornográficas. A obra chama ao público a mudar a súa perspectiva, en particular a ollada dos homes sobre a súa propia masculinidade.
Traducións Teoría King Kong (2022). Tradución directa do francés de Raquel Senra. Hércules de Edicións.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Feminismo en Francia Categoría:Obras feministas