A avenida de Antonio Palacios é unha vía urbana da cidade de Vigo. Trátase dunha avenida de dous carrís por sentido e 2,9 km de lonxitude a través da beira do río Lagares. Funciona coma unha especie de circunvalación urbana que conecta a avenida de Castrelos coa rotonda que arrodea a antiga estación de autobuses viguesa.

Toponimia A avenida recibe o seu nome do arquitecto porriñés Antonio Palacios, cuxo legado na cidade inclúe edificios senlleiros coma o teatro García Barbón ou o edificio do Club Náutico. Palacios incluso deseñou un plano urbanístico para a cidade denominado Plan Palacios, que finalmente foi desbotado en 1937.

Morfoloxía O seu trazado sinuoso percorre un área pouco poboada, incluso rural ou semiurbana, á beira do río Lagares, atravesando as parroquias de Sárdoma e Freixeiro. Constitúe a primeira circunvalación da cidade, e funciona coma unha autovía, xa que só permite o tráfico de automóbiles, e non presenta beirarrúas.

Comezou a construírse no ano 1994 e rematouse no 1997.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Plan Palacios Antonio Palacios

Categoría:Avenidas de Vigo