Achí é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Bolívar. Segundo os datos do censo de 2015, ten unha poboación de 23.051 habitantes. A cabeceira municipal sitúase na marxe esquerda do río Cauca, preto do límite co departamento de Sucre, na chamada depresión de Momposina.
O concello de Achí limita co concello de Magangué polo norte; cos concellos de Pinillos e Tiquisio polo leste; Montecristo e San Jacinto del Cauca polo sur; e co departamento de Sucre polo oeste, cos municipios de Majagual e Guaranda. A súa economía baséase na agricultura, a gandería e a pesca.
División político administrativa Ademais da súa cabeceira municipal, Achí ten baixo a súa xurisdición os seguintes centros poboados:
Algarrobo Bomba Boyacá Buenavista Buenos Aires Centro Alegre Guacamayo Los Nísperos Paraíso Sincerín Payandé Playa Alta Providencia Puerto Isabel Puerto Venecia Río Nuevo Santa Lucia Tacuya Alta Tres Cruces
Notas
Categoría:Concellos de Bolívar, Colombia