María José Pérez, coñecida como MJ Pérez, nada en Arzúa en 1992, é unha cantante e compositora galega.

Traxectoria

Graduouse en Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña e fixo o Mestrado de Produción e Xestión Audiovisual (MPXA).

En 2014 iniciou a súa actividade como artista. Produce os seus propios videoclips, varios foron seleccionados en festivais de cine como o Festival de Cans, o OUFF de Ourense ou o Curtas Armadiña. Compuxo a peza audiovisual “Ao Vento” (Proxecto conxunto con Rubén Gasalla, Bruno Nieto e Alicia García, que nace a raíz do incendio das Fragas do Eume no ano 2012). Colaborou no documental “Vieiros de Esperanza” centrado en Carvalho Calero. Tamén acompañou a Mercedes Leobalde en presentacións do seu libro de poemas Chamádeme Eva e despois con Funambulistas.

En 2016 presentou o videoclip e single "A Peza Solta" coa colaboración da poeta coruñesa Lidia Bao e coa colaboración de toda a súa banda na gravación do tema. En 2017 fixo varios concertos e colaborou con Luisa Abad en diversas presentacións do seu libro Limaduras de Prata. En 2019 cantou en Portugal e sacou o seu primeiro tema en portugués: "Vai Embora!". Nese ano xuntou Rosalía de Castro e Rosalía, a cantante, creando "Malaxente", un vídeo no que fusionou "Castellanos de Castilla" co tema "Malamente". O vídeo fíxose viral e tivo moito éxito nas redes.

Obras

Ollos que non ven, síntoma de cegueira (2014). Álbum autoeditado con 10 temas. Guerrilleira (2015). Casandra (2017). Álbum con diferentes estilos e a colaboración de Serj, Martiño Cabarcos, Ailén Kendelman, Paco Cerdeira e Richi Casás. A luz prendida (2020). 15 temas. Je tiens bon (2026). 13 temas.

Premios e recoñecementos

En 2016, segundo posto no VII Concurso Musical da Deputación da Coruña (despois Premio Narf da Música). Gañadora do Xuventude Crea 2017 na categoría musical. Premio Youtubeir@s 2019 á "Eficiencia Comunicativa". Premio Martín Códax da Música Galega en 2021

Foi varias veces finalista nos Premios Martín Códax, nos Premios aRi(t)mar e unha vez nos Premios Opinión de Música de Raíz. Finalista no I Certame de Canción de Autor en Galego, organizado polo Concello de Teo.

Notas

Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1992 Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña