Värmdö é un concello sueco no condado de Estocolmo. A súa capital é a localidade de Gustavsberg, que se atopa a uns 20 quilómetros ao leste da cidade de Estocolmo.
O concello está situado principalmente na parte sueste da provincia histórica de Uppland, cunha pequena parte (o distrito de Nämdö) no nordés da provincia de Södermanland. Värmdö abrangue gran parte do arquipélago sur de Estocolmo. A meirande parte dos seus habitantes teñen os seus postos de traballo nos concellos próximos e a moitos deles están empregados na administración pública.
Dende a fundación do concello en 1974 a poboación medrou considerablemente, pasando 16 050 habitantes en 1975 ata os 46 635 en decembro de 2024.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo