miniatura|250px|Santo Ivo de Kermartin. Ivo é un nome propio masculino galego. Ao igual que noutras linguas europeas occidentais ten a súa orixe como un nome normando rexistrado dende a Alta Idade Media, e o nome francés Yves é unha variante deste. O nome eslavo do sur Ivo, non está relacionado con este, senón que é unha variante do nome Iván (Xoán).
En xaneiro de 2023 existían 66 varóns en Galicia co nome Ivo, cunha media de idade de 23,4 anos.Nome Ivo na Web do Instituto Galego de Estatística
Etimoloxía A súa orixe pode ser celta ou xermana. Pode ser unha adaptación latina dun nome de orixe céltica formada por ivos, ‘madeira de teixo (árbore sacra)’, ou ben de orixe xermánica ihwa-, co mesmo significado.Campbell, Mike Ivo (Behind the Name: The Etymology and History of First Names) O seu significado é teixo, glorioso. O teixo era unha árbore sagrada e coa súa madeira fabricábanse escudos, lanzas e frechas.
Uso O nome rexístrase na Alta Idade Media entre os normandos de Francia e Inglaterra (Ivo de Chartres, nado contra o ano 1040). O nome puido ser difundido polo culto a Santo Ivo (finado en 1303), patrón da Bretaña.
Ivo noutras linguas Alemán: Ivo Asturiano: Ivo Bretón: Yeun, Ervoan, Erwin, Erwan Catalán: Iu Castelán: Ivo Francés: Yves Inglés: Ivo Italiano: Ivod Portugués: Ivo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe celta Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos asturianos Categoría:Nomes masculinos bosníacos Categoría:Nomes masculinos búlgaros Categoría:Nomes masculinos casteláns Categoría:Nomes masculinos checos Categoría:Nomes masculinos croatas Categoría:Nomes masculinos estonianos Categoría:Nomes masculinos ingleses Categoría:Nomes masculinos neerlandeses Categoría:Nomes masculinos portugueses