Svalöv é un concello sueco no condado de Escania. A súa capital é a localidade de Svalöv.
Na parte norte do concello atópase o parque nacional de Söderåsen e a través da súa parte sur flúe o río Råån. Con todo, a superficie de Svalöv está dominada por terreo agrícola, o que tamén afecta á actividade económica local. A principios da década de 2020 a economía do concello estaba dominada por actividades relacionadas co agro. Por exemplo, a cidade central de Svalöv era un centro de investigación e desenvolvemento en biotecnoloxía e cultivo de plantas.
Dende a fundación do concello en 1971 ata principios a década de 2000 a poboación mantívose estable e posteriormente comezou a medrar ata o presente. En decembro de 2024 Svalöv tiña 14 543 habitantes.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Ask, Billeberga, Felestad, Halmstad, Konga, Kågeröd, Källs-Nöbbelöv, Norra Skrävlinge, Norrvidinge, Röstånga, Sireköpinge, Stenestad, Svalöv, Tirup e Torrlösa. Nesas parroquias fundáronse 15 concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Svalövs estableceuse o 23 de maio de 1941 e disolveuse a finais dde 1952. A de Röstånga creouse o 15 de novembro de 1935 e desapareceu a finais de 1966. E a de Teckomatorps creouse o 24 de agosto de 1914 de durou tamén ata finais de 1966.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse na zona seis grandes concellos: Kågeröd (a partir dos anteriores municipios de Halmstad, Kågeröd e Stenestad), Marieholm (de Reslöv, Torrlösa e Östra Karaby), Rönneberga (de Asmundtorp, Billeberga, Sireköpinge e Tofta), Röstånga (de Ask, Billinge, Konga e Röstånga), Svalöv (de Felestad, Svalöv e Tirup), e Teckomatorp (de Källs-Nöbbelöv, Norra Skrävlinge, Norrvidinge e Södervidinge).
En 1969 incorporáronse ao concello rural de Svalöv o municipio de Kågeröd e partes dos de Rönneberga (as parroquias de Billeberga e Sireköpinge), Röstånga (as parroquias de Asks, Konga e Röstånga) e Teckomatorp (as parroquias de Källs-Nöbbelövs, Norra Skrävlinge e Norrvidinge).
O actual concello de Svalövs nacería coa reforma municipal de 1971 a partir do concello rural de Svalöv e dunha parte do concello rural de Marieholm (a parroquia de Torrlösa).
Xeografía O concello de Svalöv atópase no oeste do condado de Escania e limita co municipios de Bjuv, Åstorp, Klippan, Eslöv, Kävlinge, Landskrona e Helsingborg.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania