O véneto (en vén. vèneto ou Łengua vèneta) é unha lingua románica falada por máis de dous millóns de persoas, principalmente no Véneto, nordés da Italia. Os seus falantes concéntranse sobre todo naquela que antigamente era a Terraferma (Terra Firme) da República de Venecia (Véneto, parte do Trentino, Istria e Venecia Xulia). Existen minorías de falantes en Eslovenia, Croacia, Brasil e Chipilo (México). É recoñecida entre as linguas minoritarias europeas pola UNESCO (Red book on endangered languages). Aínda que sexa coñecido como un dialecto italiano, o véneto non descende da lingua italiana, senón directamente do latín, tendo a súa propia morfoloxía, sintaxe e léxico. O véneto está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

A lingua véneta descende do latín vulgar e foi posibelmente influenciada pola extinta lingua venética, falada na rexión entre os séculos V a.C. e I a.C., e posteriormente polas linguas dos pobos xermánicos (visigodos, ostrogodos e longobardos) que invadiron o norte da Italia no século V d.C.O 28 de marzo de 2007, o véneto foi recoñecido como lingua polo Consello Rexional Véneto coa lei de "tutela e valorizzacione della lingúa e cultura veneta", aprobada pola maioría dos partidos de goberno e oposición.

Variedades As variantes máis importantes son: véneto oriental (véneto veneciano) falado en Venecia e arredores véneto occidental (véneto veronés) falado en Verona e a súa provincia véneto central (ou centro-meridional) falado nas prov. de Padua, Vicenza, e Rovigo véneto setentrional (ou ven. feltrino-belunés) falado en Feltre e Belluno véneto trevisan falado na prov. de Treviso e influenciado polo veneto setentrional e veneciano

Os falantes chámanlle venesian (veneciano) á variedade falada na cidade de Venecia, mentres que empregan a palabra vèneto para se referir a toda a lingua independentemente da variante que sexa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en véneto Ligazóns externas (inglés) Manual Gramatical Xeral da Lingua Véneta e as súas Variedades (véneto - inglés) (portugués) Dicionario Xeral da Lingua Véneta e as súas Variedades Informe de Ethnologue sobre o veneciano Raixe Venete Sitoveneto Quatro Ciàcoe

Categoría:Linguas galoitálicas Categoría:Linguas de Croacia Categoría:Linguas de Italia