Hermann Friederich Julius Meili, nado en Hinwil, cantón de Zürich o 13 de marzo de 1839 e finado en Xenebra o 26 de setembro de 1907, foi un diplomático e numismático suízo-brasileiro, considerado como o pai da numismática brasileira."Julius Meili". The British Museum (Britishmuseum.org).

Foi autor dos primeiros estudos numismáticos no Brasil e creador dun "método numismatógrafo" propio para reproducir fielmente a imaxe das moedas sen necesidade de cámara fotográfica.

Traxectoria

Hermann Friederich Julius Meili, máis coñecido como Julius Meili, naceu en 1839 en Hinwil, unha localidade do cantón suízo de Zürich, e non se coñecen datos sobre as primeiras décadas da súa vida en Suíza, mais que o seu matrimonio con Nina Meili Schiffmann.Araújo, E. (2018). "26 de setembro na história numismática: morte de Julius Meili". Collectprime.com

Aos 31 anos chegou ao Brasil, onde residiu vinte e dous anos, entre 1870 a 1892. Nese país foi nomeado cónsul da Confederación Helvética en Salvador de Baía en 1875,"Meili, Julius". Numismatas.com"Julius Meili". Suíços do Brasil (Suicosdobrasil.org). e desempeñou ese cargo durante seis anos."Meili, Julius (1839-1907) ". Moedas do Brasil (Moedasdobrasil.com.br).

Finalizado o seu labor como diplomático, Meili trasladouse a Río de Xaneiro cara a 1885 como director dunha sucursal da compañía de Baía Cramer, Frey & Cia. Alí comezou a interesarse polos estudos numismáticos e iniciou unha colección de moedas, medallas e billetes brasileiros que chegou a ser unha das máis salientables do país.

En 1890 publicou en Zürich un libro en alemán sobre a súa propia colección, que continuou cunha segunda parte no mesmo ano e unha terceira en 1895, xa despois de regresar ao seu país como socio correspondente do Instituto Histórico e Xeográfico Brasileiro. Posteriormente, entre 1897 e 1905 publicou un compendio en tres volumes que cataloga e estuda todas as emisións de moedas e billetes brasileiros tanto do período colonial como do Estado independente, ata 1900.Carvalho, A. de (1908).

Por outra banda, Julius Meili foi coñecido por inventar un método de reprodución non fotográfica das moedas, denominado "método numismatógrafo", consistente en envolver as moedas en xeso para obter moldes en negativo, que posteriormente se usaba para elaborar un cuño en positivo da moeda, co que xeraba unha impresión con grafito. Meili aplicou este método para a reprodución gráfica das moedas nas súas publicacións.

Julius Meili finou en Xenebra o 26 de setembro de 1907.

A colección Meili miniatura|330x330px|Unha das moedas da colección de Meili, reproducida na súa obra Numismatische Sammulung (1890). A colección numismática de Julius Meili chegou a estar composta por 3.115 moedas de diversos metais, 390 medallas e 1.104 billetes.

Logo do seu falecemento, os seus herdeiros doaron a colección Meili ao Goberno suízo para que fose exposta no Museo Nacional de Zürich. Posteriormente, o Goberno suízo intentou infrutuosamente venderlle a colección ao Goberno Brasileiro en dúas ocasións, en 1920 e en 1931, por unha cantidade próxima aos 200.000 francos suízos. Finalmente, o coleccionista suízo residente en São Paulo Pedro Spoery foi quen adquiriu a colección, parte da cal acabou formando parte dos fondos do Museo Histórico Nacional do Brasil.

Publicacións Esta é unha listaxe dos traballos monográficos máis significativos publicados por Julius Meili ao longo da súa traxectoria: (1890). Numismatische Sammlung von Julius Meili [Coleción numismática de Julius Meili]. Zürich. (1890). Die Münzen des Kaiserreichs Brasilien (1822 bis 1889) [As moedas do Imperio do Brasil (1822 a 1889)]. (1890). Die auf des Kaiserreich Brasilien Bezüglichen Medaillen (1822 bis 1889) [Medallas do Imperio do Brasil (1822 a 1889)]. (1895). Die Münzen der Colonie Brasilien. 1645 bis 1822 [As moedas da colonia do Brasil. 1645 a 1822]. (1897-1905). Das Brasilianische Geldwesen [O sistema monetario do Brasil]. Zürich."O meio circulante no Brasil - 1897-1905. Julius Meili (1839-1907)". Sterling Numismática (Sterlingnumismatic.blogspot.com). (1897). I. Die Münzen der Colonie Brasilien. 1645 bis 1822 [As moedas da colonia do Brasil 1645 a 1822]. (1905). II. Die Münzen des Unabhängigen Brasilien. 1822 bis 1900 [As moedas do Brasil independente. 1822 a 1900]. (1903). III. A Moeda Fiduciária no Brazil. 1771 até 1900. (1906). Die Werke des Medailleur'sm Hans Frei in Basel. 1894-1906 [A obra do gravador Hans Frei da Basilea, 1894 a 1906]."A Obra do Medalheiro Hans Frei de Basel 1894-1906 - Julius Meili 1906". Sterling Numismática (Sterlingnumismatic.blogspot.com).

Museo Numismático Julius Meili A Sociedade Numismática Brasileira honrou a memoria de Julius Meili como "pai da numismática brasileira" tomando o seu nome para o Museo Numismático Julius Meili, cuxos fondos se corresponden coas diversas adquisicións e doazóns que esta sociedade foi recibindo ao longo da súa historia, desde a súa fundación en 1924."Museu Numismático Julius Meili". Sociedade Numismática Brasileira (SNB.org.br).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Carvalho, A. de (1908). "Julius Meili e a Numismática brasileira". En Revista do Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro, Tomo LXIX. Parte II. Páxinas 95-101 [reproducido na web pola Sociedade Numismática Brasileira].

Ligazóns externas

Sitio web do Museo Numismático Julius Meili

Categoría:Nados en 1839 Categoría:Finados en 1907 Categoría:Nados no cantón de Zürich Categoría:Numismáticos de Suíza Categoría:Numismáticos do Brasil Categoría:Diplomáticos de Suíza Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes