A praza da Pedra é unha praza peonil situada en Vigo. Historia Na praza da Pedra celebrábanse na Idade Media as reunións e foros locais, nas que se tomaban decisións que competían á vila ou se escollían a cargos locais.

No século XIX comezou a se celebrar os mércores e sábados un mercado, onde se. instalaban tenderetes e se comerciaba principalmente con alimentos. Posteriormente, o mercado pasou a celebrarse diariamente, e a zona comercial estendeuse ás zonas lindeiras, coma a rúa Pescadaría, coñecida coma rúa das Ostras.

Arquitectura e urbanismo A praza da Pedra está anexa á praza da Igrexa, formando un conxunto arquitectónico continuo. Conforma un área peonil, enlousada en pedra, e que remata nunha pasarela peonil que a conecta coa Laxe e co litoral vigués. Na parte que da ao mar ten un miradoiro, e contén ademais varias escadas que comunican a praza, sobreelevada, coa rúa das Ostras e a rúa de Teófilo Llorente.

A praza contén edificacións de poucas alturas, de estilo medieval, así coma varios bancos e árbores.

Na praza localízase tamén o mercado da Pedra.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía Miguel Martínez López (1996). "Historias sociales, urbanas y mediáticas del casco histórico de Vigo" (pp. 313–338), en Castrelos, 9-10. Outros artigos Praza da Igrexa (Vigo) Concatedral de Santa María de Vigo

Categoría:Prazas de Vigo