miniatura|α-, β-, γ- e δ-lactonas (de esquerda a dereita) As tiolactonas son unha clase de compostos heterocíclicos en química orgánica. Son análogos dos compostos máis comúns as lactonas, nas cales un átomo de oxíxeno é substituído por un átomo de xofre. O átomo de xofre está dentro do sistema do anel e adxacente ao grupo carbonilo.

Química

As tiolactonas poden prepararse por deshidratación de ácidos carboxílicos que conteñen tiol. As tiolactonas poden volver a ser hidrolizadas a tiol-ácidos en condicións básicas. As β-tiolactonas poden ser abertas por reacción na posición 4 por medio de reaccións nucleofílicas SN2.

Distribución na natureza miniatura|upright=1.5|A activación do fármaco clopidogrel (arriba á esquerda) orixina unha tiolactona, que abre o seu anel.

As tiolactonas son intermediarios na activación dalgúns fármacos.

Na natureza, a tiolactona máis común é a homocisteína tiolactona. Prodúcese a partir da homocisteína. Pode xogar un papel en protexer contra danos a proteínas. Os fármacos citiolona e erdosteína son versións modificadas da homocisteína tiolactona.

As tiolactonas atopáronse en péptidos sintetizados por bacterias como Staphylococcus aureus para regular o seu sistema de percepción do quórum.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lactona Lactama

Categoría:Grupos funcionais Categoría:Tiolactonas