miniatura|Supercondensadores. Un supercondensador ou ultracondensador é un condensador electroquímico que ten unha densidade de enerxía extraordinariamente alta. miniatura|Supercondensadores. Teñen aplicacións no campo dos vehículos híbridos como almacenamento complementario de enerxía e no futuro destínanse a substituír as baterías.

Características Como dispositivo de almacenamento de enerxía ten varias vantaxes sobre as baterías.

Vantaxes

Alta relación de carga e descarga, por unidade de tempo Baixa degradación despois de centos de miles de ciclos (descarga/recarga) Boa reversibilidade Baixa toxicidade dos materiais empregados Alta eficiencia do ciclo

Desvantaxes

A cantidade de enerxía almacenada por unidade de peso aínda é considerablemente menor que nunha batería electroquímica (3 a 5 Wh/kg dun supercondensador fronte aos 30-40 Wh/kg dunha batería). Pero a investigación avanza en ambos os campos: supercondensadores de grafeno de 131 Wh/kg no Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Gwangju (Corea do Sur). IEEE Spectrum - Supercapacitors Take Huge Leap in Performance O voltaxe varía coa enerxía almacenada. Requírense circuítos electrónicos e de control sofisticados para almacenar e recuperar enerxía de forma eficaz. Ten a maior absorción dieléctrica de todos os tipos de condensadores.

Historia O primeiro supercondensador, baseado nun mecanismo de dobre capa, foi desenvolvido en 1957 por General Electric utilizando un eléctrodo de carbono poroso. Crese que a enerxía estaba almacenada nos poros de carbono e presentaba unha capacidade extraordinariamente alta. Nese momento non se coñecía o mecanismo. Foi a Standard Oil Company de Cleveland (Ohio) en 1966 a que patentou un dispositivo que almacenaba enerxía nunha interface de dobre capa.

Logros En 2015 anunciouse o desenvolvemento de supercondensadores de grafeno de 10 000 F."Sunvault Energy and Edison Power Company Create Massive 10,000 Farad Graphene Supercapacitor" (6/5/2015) .

En 2016 a Universidade de Surrey (Inglaterra) anunciou supercondensadores cunha capacidade 100 veces maior que os actuais."Scientific breakthrough reveals unprecedented alternative to battery power storage" .

Supercondensadores nos vehículos A pesar de ser voluminosos, atopámolos en:

Autobuses eléctricos: Permiten desprazamentos de poucas paradas pola súa menor capacidade enerxética, pero son máis económicos e duradeiros que os equipados con baterías grandes. Para a carga equipan o teito da marquesiña da parada do autobús con supercondensadores, que se cargan entre chegadas do autobús."Bluetram : Tramway à supercondensateur Made in France" 19 de marzo de 2014 .

Transbordadores: O Ar Vag Tredan: o primeiro ferry eléctrico con supercondensadores en lugar de baterías."Bateau électrique à supercondensateur : l'Ar Vag Tredan baptisé à Lorient" .

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas PESWiki.com - Supercapacitor de nanotubos de carbono do MIT Research Marketers .

Categoría:Electrónica Categoría:1957 Categoría:Grafeno