Guezos é unha banda de rock-pop-folk ourensán, cuxas composicións son moi abertas a calquera estilo, valorando moito as melodías e as harmonías propias do folk e mesturándoas coa potencia do rock. O nome do grupo foi escollido ao chou dun dicionario de Galego/Barallete e significa "Rapaces ou nenos duns 13/14 anos". Tamén é o nome do seu primeiro álbum, que viu a luz no 2001
Historia Guezos (en barallete -antiga fala dos afiadores ourensáns- rapaces, nenos, cativos) naceu en 1999 como proxecto de grupo musical tradicional. Pouco a pouco, o grupo comezou a evolucionar cara o folk, e no 2000 grava a maqueta "Guezos" (convertida posteriormente en álbum), e dá os seus primeiros concertos.
A formación inicial estaba composta por Arturo Fernández, Xabier Domínguez "Morta", Pablo Rodríguez, Roberto Reboiro,Anxo Fernández e Carlos Rivera "Puntxa". Estes comezan a buscaren influencias novas en eidos musicais variados como o Rock ou o Pop, de onde xorde a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo.
Compoñentes Anxo Fernández, Teclado, acordeón e voz. Adrián Beiroa, Voz e guitarra acústica. Roberto Reboiro, Baixo eléctrico. Francisco Díaz, Batería. Xabier Domínguez "Morta", Gaita e whistle. Modesto Cid "Nes", Gaita e whistle.
Discografía O grupo ten 7 álbums publicados: Guezos (2001), Terradentro (2004), 99-06 (2007), Oito Destinos (2009), "O histérico latexo" (2011), "Zapatos Novos" (2018) e "Un longo camiño" (2014). Sendo 99-06 un recompilatorio onde a maioría dos cortes son gravacións de actuacións en directo.
Guezos (2001) (Maqueta) Gravado e producido por: Pedro Feijoo Gravado en: Muu! Estudos (Vigo) e Barra de Cima (Ourense) en setembro de 2001 Duración total: 44:41 min:s Temas: 1. Resaca Dominical 2. O brado da Lúa 3. Lévame 4. Enebrote 5. Pedida de man 6. A Rebadaira 7. A miña muliña 8. Loui in tra / A Raiz do Toxo Verde
Terradentro (2004) (Maqueta) Gravado e producido por: Pedro Feijoo e Charly Lincoln Gravado en: Muu!! Estudios en Vigo do abril de 2003 e maio de 2004 Duración total: 48:31 min:s Temas: 1. Voces 2. Vironte 3. Heite de ver 4. O burro ledo 5. terradentro 6. Ocre 7. O soño 8. Porno reel 9. La ventana (rumba) 10. Whisky e licor 11. Muliña 03
99-06 (2007) (Non editado) Temas: 1.- Luintra (directo no Café Teatro Xesteira de Ourense) 2.- Pedida de Man (Directo na Sainza) 3.- A Rebadaira 4.- Brado da Lúa 5.- Terradentro 6.- Whisky e Licor 7.- Ocre 8.- A Miña Muliña (2003) 9.- Porno Reel 10.- A das Festas 11.- Manoliño (Directo no Local Social A REVOLTA de Vigo) 12.- Lévame (Directo na Sainza)
Oito Destinos (2009) Temas: 1.- Guezada 69 2.- A Esmorga 3.- Acción-Reacción 4.- Identidade 5.- Todo Perfecto 6.- Vals do Regueiro 7.- Amodo 8.- Terradentro (2009)
O Histérico Latexo (2011) Temas: 1.- Musa 2.- Con-su-mismo Swing 3.- Lonxe na Memoria 4.- En Nome de Nada 5.- Morenaca 6.- Boas Novas 7.- Os Roteiros do Tempo 8.- A Forxa 9.- Escoita 10.- Vento Manso
" Un Longo Camiño" (2017) Temas: 1. - Gato Negro 2. - Sáhara 3. - Terra dentro 4. - Lévame
" Zapatos Novos" (2018)
Temas: 1. - Ícaro 2. - The Sailor 3. - Pepiño Malasangre 4. - Botarse a vivir 5. - Déixame entrar 6. - Todo Perfecto (2018) 7. - A Despedida.
Vídeoclips destacados. "Lévame" realizado por Aitor Uve. 2014. "Quixera" realizada por Aitor Uve e coa colaboración dos alumnos do CEIP Otero Novas de Cortegada. 2017. "Programa Enrede" TVG. Realizado por Casa de Tolos. 2012. "Pepiño Malasangre" Realizado por Aitor Uve e César Soberbio. Ourense. 2018.
Directos Segundo o historial da súa web os concertos do grupo comezan no ano 2001, con concertos unicamente na provincia -e cidade- de Ourense. Curiosamente, os primeiros dous concertos que figuran, son fóra da cidade (en concreto, no Castro de Caldelas o 28 de xullo de 2001 e Graíces, na Peroxa).
Primeira saída fóra da provincia A primeira saída fóra da provincia foi a Vilaboa (Pontevedra). Logo diso, comezaron a facer concertos en toda Galicia, agás na provincia da Coruña. Como curiosidade, dicir que mesmo deron o primeiro concerto fora de Galicia antes de recalar na provincia da Coruña. O susodito concerto fíxose no Palacio de Congresos de Barcelona, nun festival organizado pola escola de gaitas "Toxos e Xestas" da Cidade Condal. A actuación foi o 8 de marzo do 2003.
A que foi a súa primeira actuación na provincia coruñesa sería no XXV Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Escenario Runas), o 13 de xullo do 2003.
Participación en festivais e concursos Xa dende o ano 2002, Guezos ten participado en festivais e concursos. O primeiro, foi o 2 de agosto do mencionado ano, no "Festival na Tralla III" en Vilaboa (Pontevedra). Logo viron o II Festival Folk "Serra de Queixa" (Ourense) e o xa citado XXV Festival do Mundo Celta de Ortigueira (ambos no 2003).
No 2004, recuncaron no "Serra de Queixa" -na súa 3ª edición-, preséntanse ao concurso EUROFOLK-J -dentro do Parapanda Folk 2004, celebrado en Montefrío (Granada)-, e a súa primeira participación no Festival FEO (Folk En Ourense).
Logo dun ano sen participación en festivais ou concursos, no 2006, comezaron o ano coa participación no concurso escenario PRAU en Santander (Cantabria), logo, cara o verán, participou no concurso "A polo Ghit" (organizado por Vieiros e mais o programa extrarradio da Radio Galega), quedando de 4ª na votación do xurado e 1º no ranquin de popularidade -votación dos internautas, ao través da páxina do A polo Ghit, mentres que a canción gañadora dese concurso ao través da votación do xurado, quedou en 15ª posición na citada clasificación.
Actuacións en televisión Co gallo da súa participación en A polo Ghit, Guezos actuou os días 23 e 24 de xuño do 2006 para a Televisión de Galicia. En concreto, o 23 de xuño actuou para o programa Luar e o 24 de xuño (en directo) para o programa En pé de festa.
Tamén, o 24 de setembro dese ano 2006 actúa para o programa Mundoverbena.
En 2010, Guezos participou cunha entrevista a cargo do músico Xurxo Souto e dúas cancións en directo en formato acústico para o programa da canle V Televisión "Música ambiente". A primeira emisión deste capítulo fíxose o 22 de xullo de 2010, repetíndose en varias ocasións.
No verán do 2015, o grupo foi escollido para poñerlle música á campaña de Turgalicia de ámbito nacional. O seu tema "Eu son" composto para este anuncio soou en todas as radios e tvs nacionais durante os meses de xullo, setembro e Nadal de 2015.
Relacións con outros grupos Amais da pertenza de varios dos seus compoñentes a Genu Varu, por coincidencia ou colaboración en actuacións e ademais, e o feito de ter unha batería (eventual) pertencente a ese grupo, teñen vencellos cruzados co grupo Ergom e con Lamatumbá, onde militaban 2 exmembros do grupo: Rafa Ullán e "Puntxa".
Véxase tamén Ligazóns externas
Guezos Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos de rock en galego