Sarah Nurse, nada o 4 de xaneiro de 1995 en Burlington (Ontario, Canadá) é unha xogadora profesional canadense de hóckey sobre xeo. Na tempura 2025-26 xoga no PWHL Vancouver da Professional Women's Hockey League (PWHL), así como na selección canadense, coa que debutou na edición de 2015 da 4 Nations Cup e coa que disputou os Xogos Olímpicos de Inverno en 2018 e 2022.
Logo da súa carreira no hóckey universitario co equipo das Wisconsin Badgers, Nurse xogou unha tempada coas Toronto Furies da Canadian Women's Hockey League (CWHL) antes de que a liga cesara as súas operacións en 2019. Posteriormente axudu a fundar a Asociación de Xogadoras de Hóckey Profesionais (PWHPA polas súas siglas en inglés) e formou parte da súa xunta directiva. Cando a Asociación axudou a fundar a PWHL en 2023, Nurse uniuse ao comité executivo do sindicato da liga, a PWHL Players Association (PWHLPLA).
Traxectoria No hóckey non profesional Nurse gañou unha medalla de prata con Stoney Creek nos campionatos provinciais da Ontario Women's Hockey Association (OWHA). Tamén gañou unha medalla de bronce no instituto no campionato da OFSAA de 2010 e unha prata en 2011. En 2010 xogou co Team Heaney e chegou ata os cuartos de final nos Ontario Winter Games.
Durante a tempada 2010-11 da Provincial Women's Hockey League (PWHL), liderou en anotación o equipo das Stoney Creek Jr. Sabres. Foi nomeada para o equipo das estrelas da OWHA para un partido contra Team Ontario sub-18. Na tempada 2011-12 do campionato da PWHL, foi nomeada capitá suplente dee Stoney Creek. Nurse axudou o equipo a gañar unha medalla de bronce no campionato da PWHL. Ocupou o segundo posto en anotación de Stoney Creek.
Coas Stoney Creek Jr. Sabres da PWHL bateu o récord da liga, compartido por Kelly Sabatine e Thea Imbrogno, de máis goles nunha tempada. Na tempada 2012-13 rompeu a marca ao marcar 35 goles, salientando un hat-trick no derradeiro partido da tempada.
Na liga universitaria (2013–2017) Nurse xogou ao hóckey sobre xeo na NCAA Division coas Wisconsin Badgers da Western Collegiate Hockey Association (WCHA).
No partido polo campionato da WCHA Final Faceoff de 2015, Nurse anotou dúas veces, incluído o gol da vitoria fronte a Bemidji State.
O 4 de decembro de 2016, unha vitoria por 8–2 fronte as eternas rivais, as Minnesota Golden Gophers, supuxo un fito na carreira de Nurse. No partido, disputado nun ateigado LaBahn Arena, Nurse marcou tres goles, converténdose na primeira xogadora na historia do programa de hóckey feminino da universidade en rexistrar un hat-trick fronte a Minnesota.
Profesional CWHL (2018–2019) Logo de participar nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018, Nurse foi seleccionada na segunda posición no Draft da WCHL 20228 polas Toronto Furies. O 17 de outubro de 2018, Nurse anotou o seu primeiro gol na CWHL nun partido coas Furies no MasterCard Centre fronte ás visitantes do Shenzhen KRS Vanke Rays. Rompendo o empate a un gol nunha situación de power play no 8:54 do terceiro período, un gol que foi o tanto gañador nun resultado final de 3–1.
PWHPA (2019–2023) Xogando para o Team Sonnet (Toronto), Nurse participou na Secret Cup 2021, que foi a parte canadense do Dream Gap Tour da tempada 2020–21 da Professional Women's Hockey Players Association. Anotou un gol e deu unha asistencia na derrota por 4-2 no partido polo campionato fronte o Team Bauer (Montreal).
PWHL (2023–presente)
Logo do lanzamento da Professional Women's Hockey League (PWHL), Nurse foi unha das tres xogadoras, xunto coas súas compañeiras no equipo olímpico canadense Blayre Turnbull e Renata Fast, que asinaron co PWHL Toronto durante o período anterior ao draft.
O 4 de xuño de 2025 Nurse asinou un contrato dun ano coa franquía de expansión PWHL Vancouver durante o período de cinco días permitidos pola liga para que as xogadoras non protexidas polos seus equipos e as axentes libres negociaran con calquera das dúas novas franquías en Vancouver ou Seattle.
Carreira internacional Nurse formou parte do equipo azul de Ontario que competiu no Campionato Nacional Feminino U18 en 2011 e 2012, gañando un ouro e un bronce respectivamente. En 2013 formou parte da selección U18 do Canadá que gañou o ouro no Campionato de Mundo U18.
Na 4 Nations Cup 2015, Nurse formou parte do U22/Development Team do Canadá, gañando unha medalla de ouro. Contribuiu con dúas asistencias na vitoria por 4–1 fronte a Finlandia o 3 de xaneiro de 2015.
Nurse participou co equipo canadense no partido Elite Women's 3-on-3 na competición de habilidades do NHL All-Star Game 2020.
Nurse foi seleccionada para coompetir coa selección canadense no torneo olímpico feminino de 2018 celebrado en Pyeongchang, Corea do Sur. Anotou o seu primeiro gol nuns Xogos Olímpicos o 14 de febreiro na vitoria das canadenses sobre a selección dos Estados Unidos por 2–1. Axudou a que o equipo do Canadá conseguira a medalla de prata na quenda de penaltis fronte os Estados Unidos.
O 11 de xaneiro de 2022, Nurse foi convocada pola selección canadense para disputar os Xogos Olímpicos. En Pequín, Nurse estableceu dous novos récords olímpicos de máis puntos (18) e máis asistencias (13) nun só torneo feminino.
Vida persoal Nurse comezou a patinar aos tres anos e a xogar ao hóckey sobre xeo aos cincoe. Os seus primos son Darnell Nurse, xogador profesional de hóckey sobre xeo nos Edmonton Oilers da NHL, e Kia Nurse, baloncestista profesional das Los Angeles Sparks da WNBA. Os seus tíos tamén estiveron vinculados ao mundo do deporte; o seu tío Donovan McNabb xogou ao fútbol americano como quarterback na National Football League (NFL), e o seu outro tío, Richard Nurse, foi receptor aberto dos Hamilton Tiger-Cats da Canadian Football League (CFL).
Nurse, a filla birracial de pai negro triniteño e nai branca, ten falado extensamente sobre o racismo no hóckey sobre xeo. Cando un estudante levou un disfrace que representaba a Barack Obama sendo linchado durante un partido de fútbol americano dos Badgers en 2016, Nurse publicou unha declaración condenando non só o estudante, senón a cultura do racismo no deporte estudantil na Universidade de Wisconsin. Logo das protestas pola morte de George Floyd no verán de 2020, Nurse falou con Caroline Cameron, de Sportsnet, instando á poboación do Canadá a non illarse do racismo dos Estados Unidos, citando a discriminación contra Viola Desmond. Nurse declarou a The Canadian Press en novembro que os seus comentarios nas redes sociais sobre a igualdade racial a "inundaron con solicitudes de entrevistas". En setembro de 2020, Liz Knox renunciou ao seu posto na xunta da PWHPA para permitir que Nurse ocupara o seu posto, alegando a "falta de interese" da asociación respecto das cuestións raciais no hóckey sobre xeo. Logo da fundación da PWHL en 2023, Nurse foi nomeada membro do comité executivo da PWHLPA, o sindicato da liga.
En novembro de 2020, Mattel e Tim Hortons colaboraron en dúas bonecas Barbie de edición limitada baseadas en Nurse e a súa compañeira xogadora de hóckey sobre xeo Marie-Philip Poulin. As bonecas creáronse como parte do programa de Barbie You Can Be Anything, que ten como obxectivo inspirar ás "nenas a scalar o seu potencial ilimitado a través do xogo imaxinativo e a interacción con modelos a seguir significativos". Nurse apareceu na portada de xuño de 2021 de Elle Canada xunto con Hanna Bunton e Brigette Lacquette. Nurse apareceu como xuíza convidada nun episodio da terceira tempada de Canada's Drag Race, que se emitiu no verán de 2022. Tamén en 2022, Nurse converteuse na primeira muller en aparecer na portada dun título de EA Sports NHL con NHL 23, aparecendo xunto a Trevor Zegras.
Estatísticas na súa carreira Liga regular e play-offs Liga regular Play-offs Tempada Equipo Liga PX G A Pts PIM PX G A Pts PIM 2009–10 Stoney Creek Jr. Sabres PWHL 4 1 0 1 4 1 0 0 0 0 2010–11 Stoney Creek Jr. Sabres PWHL 36 18 13 31 12 6 3 1 4 0 2011–12 Stoney Creek Jr. Sabres PWHL 30 21 16 37 21 8 3 2 5 4 2012–13 Stoney Creek Jr. Sabres PWHL 35 36 20 56 26 8 6 8 14 8 2013–14 Universidade de Wisconsin WCHA 38 11 10 21 2 — — — — — 2014–15 Universidade de Wisconsin WCHA 37 15 10 25 10 — — — — — 2015–16 Universidade de Wisconsin WCHA 36 25 13 38 10 — — — — — 2016–17 Universidade de Wisconsin WCHA 39 25 28 53 26 — — — — — 2018–19 Toronto Furies CWHL 26 14 12 26 16 3 1 0 1 0 2019–20 GTA West PWHPA — — — — — — — — — — 2020–21 Toronto PWHPA 4 1 4 5 6 — — — — — 2022–23 Team Adidas PWHPA 20 7 7 14 4 — — — — — 2023–24 PWHL Toronto PWHL 24 11 12 23 14 5 0 1 1 4 Totais na CWHL 26 14 12 26 16 3 1 0 1 0 Totais na PWHPA 24 8 11 19 10 — — — — — Totais na PWHL 24 11 12 23 14 5 0 1 1 4
Internacional Ano Equipo Evento Resultado PX G A Pts PIM 2013 Canadá U18 20px 5 1 0 1 0 2018 Canadá XXOO 20px 5 1 0 1 4 2019 Canadá WC 20px 7 2 6 8 2 2021 Canadá WC 20px 7 1 2 3 2 2022 Canadá XXOO 20px 7 5 13 18 4 2022 Canadá WC 20px 7 2 2 4 8 2023 Canadá WC 20px 7 4 4 8 6 2024 Canadá WC 20px 7 1 3 4 2 2025 Canadá WC 20px 7 1 3 4 6 Totais júnior 5 1 0 1 0 Totais sénior 54 17 33 50 34
Premios e recoñecementos Xogadora da portada do videoxogo EA Sports NHL (2023)
NCAA All-WCHA Rookie Team (2013–14) Xogadora máis destacada do WCHA Frozen Face-Off 2015 WCHA All-Tournament Team (2015) Terceiro equipo All-WCHA (2015–16) Segundo equipo All-American (2016–17) Equipo do 20º aniversario da WCHA
PWHL Segundo equipo All-Stars da PWHL (2023–24)
IIHF e Xogos Olímpicos Campionato do Mundo feminino da IIHF: ouro (2021–2022, 2024), prata (2023, 2025), e bronce (2019) Xogos Olímpicos: ouro (2022) e prata (2018)
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Xogadoras das Toronto Sceptres Categoría:Xogadoras das Toronto Furies Categoría:Xogadoras do Vancouver Goldeneyes Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos do Canadá Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Canadá Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Canadá Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey sobre xeo Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 2018 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 2022 Categoría:Nados en Ontario