Corre o vento é unha curtametraxe documental de 2023 dirixida e escrita por Paula Fuentes e Guillermo Carrera. O filme foi premiado no certame U22 da Fundación Joan Miró e na 20 edición do MICE do Museo do Pobo Galego.
Argumento Vilar do Courel é unha pequena aldea que leva décadas resistíndose a desaparecer. Os seus tres últimos habitantes son os gardiáns dun espazo sen tempo, que transita o seu pasado e mira cara ao seu futuro desde un presente baleiro, inmóbil e fráxil. Coa chegada de Branca desde Barcelona, a realidade comeza a transformarse. Polas noites, recordos, soños do pasado e antigas lendas guían aos personaxes a través de bosques máxicos e camiños esquecidos.
Neste filme abórdanse temas como "a persistencia da memoria e a resistencia ao despoboamento do rural. Tamén o espírito de comunidade que se tiña antes e hoxe xa non está". Esta curtametraxe foi filmada na aldea de Vilar pouco antes dos incendios forestais que a destruíron en gran parte no 2022.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Trailer
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Curtametraxes galegas Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes baseados en feitos reais