Nuria Lestegás Pérez, nada en Xove, é unha actriz e música galega.
Traxectoria Estudou música na especialidade de violín no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela, no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Facultade de Música da Escola Superior de Arte de Utrecht.
Tamén é actriz, participou en O corno, película premiada coa Cuncha de Ouro do Festival de Donostia.
Filmografía Longametraxes Longa noite (2019) Eles transportan a morte (2021) O corno (2023)
Curtametraxes Corre o vento (2023) – 30 min
Categoría:Nados en Xove Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido