Os Vacalouras é un grupo de punk-rock en activo fundado no barrio de Teis, en Vigo, no ano 2007.

Traxectoria No ano 2004 Gabi e Victor compoñen "Viaje Sideral" a que será a súa primeira canción e antecedente dos Vacalouras. Posteriormente únese a eles Adrián e comezan a dar os seus primeiros concertos no seu instituto, o IES de Teis. É no ano 2007 cando se conforma finalmente Os Vacalouras, co ingreso de Pepe no grupo.

Defínense como un grupo de Pataca&Roll que mistura o rock, o folclore galego e as súas vivencias en Teis.

Dende a súa formación realizaron centos de concertos por todo o país como no Festival Revoltallo ou no Festival Rock in Rian.

No ano 2021 publican "O Samil é Portugal" en colaboración con Quim Barreiros.

Actualmente o grupo continúa en activo facendo concertos con regularidade.

Membros

Gabi, voz e gaita. Víctor, guitarra e coros. Pepe, baixo e coros. Adrián, batería e coros.

Discografía

Álbums Xa están aquí (2011) Eres Punki I Non O Sabes (2014) Capacho Rock (2016) Marcha pra citröen - A Iliadiña (2019) Xuventude Prexubilada (2021)

Sinxelos "Coidadiño co lume" (2015) "RATIBROM!" (2015) "Surfin' Alfageme" (2015) "Game Boy" (2024) "Cantiga de Morte e Destrución" (2024)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Os Vacalouras

Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos musicais formados en 2007