Morelia (dende 1545 a 1828 coñecida como Valladolid; en purépecha: , en otomí: , en matlatzinca: e en mazahua: ) é unha importante cidade de México, dentro da oitava área metropolitana máis grande do país e a novena cidade en tamaño, capital do estado de Michoacán. Atópase no oeste do país (a 1920 m de altitude), e a uns douscentos quilómetros ao oeste da Cidade de México. A poboación da cidade en 2020 era de 743.275 habitantes. O concello tiña 849.053 habitantes, e a área metropolitana, composta polos concellos de Morelia, Tarímbaro e Charo, tiña 988.704 habitantes.

No século XX converteuse nun importante centro industrial, comercial e cultural do oeste do país, en 1991, o seu centro histórico foi nomeado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade. A cidade ten moitos eventos culturais como o festival internacional do cinema, o festival internacional de música e o día dos mortos.

Topónimo O seu primeiro nome na época prehispánica era Guayangareo (en castelán), que provén do orixinal Uaianharhio, o cal en purépecha quere dicir outeiro longo e chairo. Outros pobos indíxenas asentáronse no val, como os otomís, os mazahuas e os pirindas ou matlatzincas, e por iso a cidade ten o nome de Mänxuni en lingua otomí, Tambati en lingua matlatzinca e Animaxe en lingua mazahua.

Durante a época colonial española chamouse por primeira vez Cidade de Mechuacán, que foi cambiada en 1545 por Cidade de Valladolid na honra da cidade do mesmo nome en España. En 1828, o seu nome pasou a ser Morelia en homenaxe ao heroe da independencia mexicana José María Morelos y Pavón, que naceu nesta cidade capital. O xentilicio da súa poboación é moreliano.

Historia A cidade de Morelia foi fundada o 18 de maio de 1541 por Juan de Alvarado o Vello, Juan de Villaseñor e Luis de León Romano, por orde do vicerrei primeiro de Nova España, Antonio de Mendoza y Pacheco. Valladolid, hoxe Morelia, destacou como cidade importante na época de Nova España, como sede da Provincia e Bispado de Michoacán, unha antiga xurisdición político-eclesiástica que foi unha das máis grandes e prósperas de Nova España. A cidade é actualmente a sede da Arquidiocese de Morelia.

Xeografía miniatura|esquerda|Xardín de Morelia. A cidade de Morelia é unha poboación do concello de Morelia, no estado de Michoacán, en México. É a capital da entidade federal de Michoacán de Ocampo e a cidade máis poboada do estado e conta cunha grande área metropolitana.

Morelia está situada a 1.900 m sobre o nivel do mar no Val de Guayangareo, e ten un clima temperado durante todo o ano, con temperaturas que oscilan entre 2 a 27 °C durante o verán e entre -2 a 18 °C no inverno.

Demografía Morelia ten 988.704 habitantes, é unha cidade de gran crecemento de poboación nos últimos anos.

Economía Morelia é un motor económico do país. A comezos do século XIX caracterizábase pola especialización no sector servizos e por unha contorna de claro carácter educativo, agrícola e forestal. Ao longo do século foise desenvolvendo na cidade un potente sector industrial téxtil e papeleiro, centrándose nese sector as evolucións tecnolóxicas. A comezos do século XXI o turismo, o comercio, a industria, a loxistíca e a educación son agora o motor da economía da cidade.

Trasportes e comunicacións right|220px|miniatura|Acceso do Aeroporto Internacional de Morelia. A cidade de Morelia conta cun aeroporto internacional, que ten conexión cas cidades mexicanas e cidades dos Estados Unidos.

Educación Morelia ten universidades e centros de investigación científico-tecnolóxicos, das que cómpre citar: Universidade Michoacana de San Nicolás Hidalgo Universidade Iberoamericana (UIA) Universidade La Salle Morelia Instituto Tecnolóxico de Morelia Instituto Tecnolóxico de Estudos Superiores de Monterrey Campus Morelia.

Cultura miniatura|dereita|Museo rexional michoacano. En 1991, o seu centro histórico foi nomeado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade pola súa traza urbana, riqueza arquitectónica e a súa historia.

Monumentos Antiga Alfóndega Casa natal de Morelos Catedral de Morelia Palacio Lexislativo de Michoacán Palacio de goberno de Michoacán

Deportes A cidade ten un equipo de fútbol na primeira división, o Club Deportivo Monarcas, coñecido popularmente como os Monarcas del Morelia. Xogan no Estadio José María Morelos y Pavón.

Cidades irmandadas

Fullerton, Estados Unidos (1965) Valladolid, España (1978) A Habana, Cuba (1999) Acapulco, México (2013) Ávila, España (2021)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Estado de Michoacán

Categoría:Localidades do estado de Michoacán