Raúl Sánchez Sánchez, nado en Madrid o 8 de novembro de 1997, é un futbolista español que xoga como extremo e lateral esquerdo no Castellón, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do EF Atlético Casarrubuelos e do Trival Valderas, subindo ao primeiro equipo deste último na Terceira División. En xuño de 2017 ingresou no Alcorcón para xogar co filial na Segunda B. En xullo do ano seguinte pasou a outro filial, o Leganés B, da mesma categoría. Para as tempada 2019/20 e 2020/21 foi cedido ao Burgos CF e o Rayo Majadahonda respectivamente.

O 30 de xaneiro de 2022 asinou un contrato de dous anos e medio coa UD Ibiza, da Segunda División, despois de que o club pagase a súa cláusula de rescisión. Debutou na categoría o 6 de marzo, entrando como substituto do galego Miki Villar na segunda metade dun empate 1-1 ante a Ponferradina.

Notas

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Xogadores do CD Leganés B Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda Categoría:Xogadores do CD Castellón