Maixabel é un filme español de 2021 dirixido por Icíar Bollaín e coescrito por Bollaín e Isa Campo. Está protagonizado por Blanca Portillo e Luís Tosar xunto a Bruno Sevilla, Urko Olazabal e María Cerezuela. Baséase na historia real de Maixabel Lasa, unha muller cuxo marido, Juan María Jáuregui, foi asasinado por ETA, e que recibe unha invitación para falar cos asasinos do seu marido once anos despois.
Personaxes Blanca Portillo como Maixabel Lasa Luís Tosar como Ibon Etxezarreta Bruno Sevilla como Luichi Urko Olazabal como Luis Carrasco María Cerezuela como María Mikel Bustamante como Patxi Makazaga
Estrea Estreouse o Festival Internacional de Cinema de Donostia de 2021. Foi distribuído por Buena Vista International, e estreouse nos cinemas de España o 24 de setembro de 2021.
Notas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Icíar Bollaín Categoría:Filmes ambientados no País Vasco Categoría:Filmes rodados no País Vasco Categoría:Filmes sobre ETA Categoría:Filmes de Buena Vista International