miniatura|300x300px|Un artigo de 1984 relacionou 40 enfermos de SIDA por contacto sexual. Deses pacientes, Dugas foi supostamente o primeiro en experimentar un inicio de síntomas da SIDA. No gráfico anterior, Dugas está representado polo círculo marcado como 0, salientado en vermello coma caso índice. En epidemioloxía e saúde pública, denomínase caso índice (ou coloquialmente coma paciente cero) ao primeiro doente diagnosticado dunha enfermidade infectocontaxiosa nunha poboación que está baixo investigación epidemiolóxica. O paciente cero pode indicar a orixe dunha nova enfermidade, a súa eventual propagación e o que mantén o reservorio da enfermidade entre os gromos. É o primeiro paciente que indica a existencia dun gromo.

O termo paciente cero foi usado para referirse á propagación do VIH en América do Norte.

Exemplos de casos índice

VIH No caso da SIDA, o paciente cero, segundo o libro And the Band Played On, do xornalista Randy Shilts, tería sido o auxiliar de voo Gaëtan Dugas, de orixe francocanadense, en 1982. Shilts tería propagado o virus en varias discotecas e saunas gais que frecuentaba en California, Estados Unidos.

Porén, o caso máis antigo foi identificado posteriormente en 1959. O virus do VIH (virus da inmunodeficiencia humana) atopouse nunha mostra de sangue dun home africano da etnia bantú, que vivía en Leopoldville, hoxe Kinshasa, na República Democrática do Congo. O achado foi publicado en febreiro de 1998 na revista estadounidense Nature.

Gripe porcina O paciente cero para a gripe porcina en 2009 foi Edgar Hernández, de 5 anos, residente en México. Edgar foi un sobrevivente da gripe porcina, clasificada como unha pandemia pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Virus do Zika O termo paciente ou doente cero tamén pode ser aplicado ao doente que inicia un gromo nun lugar determinado, aínda que exista incidencia desa mesma doenza noutros lugares remotos. En 2008, describíronse nos Estados Unidos varios casos de Zika que, en lugar de se transmitir como habitualmente, por mosquitos coma vectores, transmitíanse por vía sexual. O paciente cero tería sido un científico que volvía do Senegal que, posteriormente, cando se atopaba de volta na súa casa de Colorado, infectou por vía sexual á súa muller, a cal non viaxara con el. Posteriormente, e dada a casuística de transmisión sexual, determinouse que o virus do Zika podería, en pequenas rexións ou poboacións con grande contacto sexual, podería ser transmitido por esa vía.

COVID-19 En 2019 xurdiu unha variación dunha familia de virus xa coñecidos, os coronavirus, que causou unha pandemia durante os anos seguntes, denominada COVID-19, acrónimo do inglés derivado de COronaVIrus Disease. A pandemia, orixinada na cidade chinesa de Wuhan, xurdiu probablemente a través dunha zoonose. Tivéronse postulado diversas hipóteses de cal tería sido o anima causante de determinada zoonose, entre os que se propuxeron os morcegos ou os pangolíns. Segundo un científico especialista en Ecoloxía e Bioloxía Evolutiva, existiría unha forte evidencia de que o paciente cero tería sido un mercante da praza de abastos de Wuhan.

Outras doenzas miniatura|Mary Mallon, paciente cero da febre tifoide. Mary Mallon ("Typhoid Mary") foi un caso índice dun brote de febre tifoide a comezos do século XX. Portadora aparentemente saudable, infectou a menos de 47 persoas mentres traballaba como cociñeira. Finalmente foi illada para evitar que contase a enfermidade a outros.

A primeira vítima rexistrada do ébola foi unha profesora de 44 anos chamada Mabalo Lokela, que morreu o 8 de setembro de 1976, 14 días despois da aparición dos síntomas.

Liu Jianlun, de 64 anos, médico de Guangdong, transmitiu o SARS a nivel internacional ao infectar a outros súper propagadores durante unha estadía no hotel Metropole de Hong Kong en 2003.

Un bebé de Lewis House no número 40 de Broad Street, chamado Frances Lewis, é considerado o paciente índice do gromo de cólera de 1854 en Londres, Inglaterra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gromo epidémico Pandemia Epidemia Bioloxía evolutiva do desenvolvemento Ligazóns externas orgnet.com/contagion Mapa de trazabilidade e contaxio de diferentes virus.

Categoría:Epidemioloxía