Polemón, en latín Polemon, en grego antigo , foi un escritor grego, autor dun breve libro en grego sobre fisionomía que aínda se conserva. Da súa vida non se sabe nada, pero a partir de certas expresións que utiliza, como a palabra εἰδωλόθυτος (carne sacrificada aos deuses), suponse que era cristián. Debeu vivir no século III ou quizais a finais de século II, xa que o menciona Oríxenes. A xulgar polo estilo da súa obra, non podería ter vivido moito antes desta época.
A súa obra A súa obra, que parece bastante mutilada polo descoñecemento dos transcritores, aparece dividida en dous libros:
O primeiro, de 33 capítulos, sobre a fisionomía en xeral e establece os principios xerais da ciencia a través de diversas características do corpo (forma da cabeza, cor do cabelo, ollos, forma de respirar, son da voz, etc). O segundo, de 27 capítulos, segue expoñendo os temas do libro anterior e describe en poucas palabras as personalidades do valente, do tímido, do covarde, do charlatán, etc. Polemon en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 435-436
Notas
Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:escritores en lingua grega antiga