O castelo de Kuressaare (en ; en ), tamén coñecido como castelo episcopal de Kuressaare (en ), é un castelo que se atopa na vila estoniana de Kuressaare, na illa de Saaremaa.
Historia O rexistro escrito máis antigo que menciona o castelo de Kuressaare data da década de 1380, cando a Orde Teutónica comezou a súa construción para os bispos de Ösel-Wieck. Algunhas fontes afirman que o primeiro castelo foi construído con madeira. Como os habitantes de Saaremaa se opuxeron con firmeza aos esforzos estranxeiros para cristianizalos, o castelo foi construído sen dúbida como parte dun esforzo máis amplo dos cruzados para conseguir o control da illa. Desde o principio, foi un bastión do bispo de Saare-Lääne (en alemán: Ösel-Wiek) e permaneceu como un dos castelos máis importantes do bispado ata a súa disolución durante a Guerra de Livonia.
miniatura|esquerda|Plano do castelo e murallas de Kuressaare en 1710. En 1559, Dinamarca-Noruega tomaron o control de Saaremaa e do castelo de Kuressaare. Durante este tempo, as fortificacións foron modernizadas. Tras a Paz de Brömsebro, que puxo fin á guerra de 1643-1645 entre Suecia e Dinamarca-Noruega, Saaremaa pasou a mans suecas. Os suecos continuaron coa modernización da fortaleza ata 1706. Despois da Gran Guerra do Norte, Saaremaa e o castelo de Kuressaare pasaron a formar parte do Imperio Ruso.
A medida que as fronteiras do Imperio Ruso avanzaban gradualmente máis ao oeste, Kuressaare perdeu o seu valor estratéxico. Especialmente despois da guerra finlandesa e da Terceira Partición de Polonia, o foco militar marchou de Estonia. En 1836, tras a construción da fortaleza de Bomarsund en Åland, a gornición rusa de Kuressaare retirouse. O feito de que o castelo de Kuressaare non fose empregado polos exércitos que loitaron na Guerra de Crimea tamén é indicativo da súa importancia estratéxica perdida. No século XIX, o castelo foi usado como asilo de pobres.
Entre 1904 e 1912 o castelo foi restaurado polos arquitectos Karl Rudolf Hermann Seuberlich e Wilhelm Neumann.
En 1941, foi usado como bastión polas forzas soviéticas de ocupación, que executaron a 90 civís no patio do castelo. A subseguinte invasión e ocupación nazi provocou a morte de máis de 300 persoas nos terreos do castelo.
Foi sometido a unha segunda restauración en 1968, esta vez dirixida polo arquitecto Kalvi Aluve. Hoxe o castelo alberga o Museo Saaremaa.
Arquitectura miniatura|O bastión do norte O castelo de Kuressaare está considerado como unha das fortificacións medievais mellor conservadas de Estonia.
O castelo é de estilo gótico tardío e caracterízase por unha sinxeleza de formas. O edificio central, chamado convento, é un edificio cadrado arredor dun patio central. A chamada torre de defensa, na esquina norte, alcanza os 37 metros de altura. Na década de 1980 restaurouse unha galería de defensa con ameas que percorren a parte superior do edificio. A reixa e as defensas da porta tamén son reconstrucións. No seu interior, o castelo divídese nunha adega que se utilizaba para almacenamento e dotada dun sofisticado sistema de calefacción hipocausto, e a planta principal, que albergaba as estancias máis importantes do castelo. Un claustro rodea o patio e comunica todas as estancias principais. Entre estes destacan o refectorio, o dormitorio, a capela e a vivenda do bispo. Neste último, móstranse once epitafios barrocos esculpidos de nobres de Saaremaa.
A finais do século XIV e principios do XV construíuse arredor do castelo unha muralla de 625 metros de lonxitude. Debido ás melloras realizadas nas armas de fogo, entre os séculos XVI e XVII engadíronse elementos defensivos adicionais. Erik Dahlbergh deseñou a fortaleza tipo Vauban con bastións e revelíns que aínda están en gran parte intactos. Cando a gornición rusa abandonou a fortaleza en 1711 despois da Gran Guerra do Norte, deliberadamente explotaron gran parte das fortificacións e o castelo, pero máis tarde restauraron parte del. En 1861, a conversión dos bastións nun parque comezou baixo a supervisión do arquitecto de Riga H. Göggingen.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia de Estonia Arquitectura de Estonia
Ligazóns externas Museo de Saaremaa Asociación de Castelos e Museos arredor do Mar Báltico
Categoría:Castelos de Estonia