Enrique Fernando Flórez de Setién Huidobro y Velasco, nado en Villadiego, Burgos, o 21 de xullo de 1702 e finado en Madrid o 5 de maio de 1773, foi un relixioso agostiño e catedrático español da época da Ilustración, salientable como historiador, numismático, xeógrafo, epigrafista, paleógrafo, bibliógrafo, tradutor e arqueólogo.
Ingresou en 1719 na Orde de Santo Agostiño. Estudou en Valladolid e en Salamanca, e doutorouse en Teoloxía en 1729 na Universidade de Alcalá. Foi reitor do colexio dos agostiños e catedrático de Teoloxía en Alcalá. Pertenceu ao Consello da Inquisición, na que foi censor des libros.
Flórez está considerado como un dos pioneiros do criticismo histórico e como o iniciador dos estudos científicos da numismática ibérica.
Traxectoria
Primeiros anos, formación e xuventude Enrique Flórez naceu en 1702 en Villadiego, Burgos, un dos doce fillos de Josefa de Huidobro y Velasco Puelles e de Pedro José Flórez de Setién Calderón de la Barca, que era corrixidor de El Barco de Ávila.Martínez Añíbarro y Rives, M. (1889). Páxina 204. Dous dos seus irmáns faleceron na infancia, e tres varóns foron relixiosos e outro cabaleiro dunha orde militar."Enrique Fernando Flórez de Setién Huidobro y Velasco". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (Historia-hispanica.rah.es).
Logo da súa educación inicial entre Villadiego e Barco de Ávila —por mor do destino do seu pai—, comezou a amosar interese pola vida relixiosa. Tomou os hábitos no convento de Santo Agostiño de Salamanca o 5 de xaneiro de 1718, e ingresou na orde o 6 de xaneiro de 1719, e logo trasladouse ao colexio agostiño de Valladolid para cursar estudos de Filosofía, e novamente a Salamanca, en cuxa universidade estudou Teoloxía.Martínez Añíbarro y Rives, M. (1889). Páxina 205.
Concluídos os seus estudos eclesiásticos en 1725, aprobou as oposicións Lector en Artes e tivo como destino o colexio de Madrigal de las Altas Torres, en Ávila.
O 25 de xullo de 1725 ordenouse sacerdote en Madrid, e en outono dese ano foi trasladado á cidade de Ávila, onde se graduou como bacharel no Colexio de San Tomé. No mesmo ano foi trasladado ao Colexio Agostiño de Alcalá, een cuxa universidade acadou o grao de doutor.o 6 de febreiro de 1729. Na Universidade de Alcalá exercería a docencia, e mantería a súa residencia na cidade ata 1750.Campos y Fernández de Sevilla, F. J. (2002).
Carreira como erudito Por instancias do superior da súa orde, o padre Avilés, Flórez recibiu en 1726 a encomenda de completar a obra filosófica do padre Andrés Sierra, catedrático da Universidade de Salamanca, e encargouse da redacción do seu tomo IV. A Summa Philosophica de Sierra foi publicada en Madrid o ano seguinte, omitíndose calquera referencia á autoría de Flórez, aínda que o citado tomo IV pode considerarse realmente como a primeira obra de Enrique Flórez.Martínez Añíbarro y Rives, M. (1889). Páxina 210.
En 1730, o padre Avilés encargoulle a Flórez a redacción dun curso de Teoloxía para utilizar como manual na Universidade de Alcalá, que se publicou en Madrid en cinco volumes, entre os anos 1732 e 1738.Véxase "(1732-1738)" en "Publicacións".
En 1736 superou os exames que o conduciron ao grao de mestre, e logo a Inquisición nomeouno revisor e visitador de librarías conventuais, en agosto de 1740. Nesa época comezou a interesarse polos estudos históricos e, sinaladamente, pola numismática. En repetidas ocasións intentou tamén acceder á cátedra de Teoloxía, as sete veces que esta ficou vacante durante a súa estadía en Alcalá, aínda que sen éxito, malia a gran vinculación que estaba a ter con esa universidade.
Aínda que residindo en Alcalá, Flórez desprazábase adoito á capital do reino e nos veráns frecuentaba alí o convento de San Filipe. Entrambas as localidades foi forxando un círculo de relacións con destacados intelectuais do seu tempo, e mantivo correspondencia con especialistas das materias das súas investigacións, como Gregorio Mayans y Siscar, Martín Sarmiento ou o Padre Feijoo. miniatura|Portada do tomo XX de España Sagrada (1765), dedicado á historia compostelá. Cara a 1742, Flórez focalizou o interese dos seus estudos na historia das primeiras épocas da igrexa católica española, unha materia sobre a cal a súa formación era autodidacta, e para este labor esforzouse tamén polo coñecemento de linguas como o grego clásico e outras modernas. O resultado dos seus estudos foi unha magna obra sobre a historia xeral da Igrexa en España titulada España sagrada, composta 29 capítulos da súa autoría publicados entre 1747 e 1775 —os dous últimos editados postumamente—, e que foi continuada logo por outros autores.Véxase "(1747-1775)" en "Publicacións".Salvador y Barrera, JJ. M. (1914). O rei Fernando VI determinou o 17 de novembro de 1750, tomar baixo a súa protección esta obra monumental cando ían publicados os cinco primeiros volumes, e concedeulle a Flórez unha pensión anual de 600 ducados para que puidese continuar os traballos. Do mesmo xeito, o propio 1750 os superiores da súa orde trasladárono ao convento de San Filipe o Real na rúa Mayor de Madrid para que puidese ter ao seu dispor boas ferramentas e frecuentar os mellores eruditos e as máis completas bibliotecas. Todas estas facilidades e os privilexios reais foron fonte de críticas nalgúns sectores da Igrexa e da intelectualidade madrileña, e mesmo provocaron a ruptura de relacións con amigos como Mayans e Siscar.
En marzo de 1751, ao ficar novamente vacante unha praza como catedrático de Teoloxía na Universidade de Alcalá, concedéuselle finalmente este posto académico, avalado polo prestixio acadado pola empresa da redacción e a publicación de España sagrada, na que estaba inmerso. Mais naquel momento, Flórez xa non residía xa en Alcalá e asemade tiña todas as enerxías postas nese magno proxecto editorial, que, por outra parte, lle ocasionaba múltiples viaxes por toda España, o que lle entorpecía exercer a súa cátedra como el desexaría. Así as cousas, o 2 de abril de 1758 decidiu renunciar á cátedra e centrarse de cheo no seu proxecto.Martínez Añíbarro y Rives, M. (1889). Páxinas 205-206.
Ademais da súa dedicación á historia eclesiástica, o seu coñecemento do mundo antigo levouno a estender as súas investigacións cara a unha das súas paixóns, a numismática. Flórez chegou a recibir encargas para compilar pezas para coleccións persoais e corporativas de gran relevancia, entre elas a da Universidade de Alcalá, e os seus estudos nesta disciplina levárono a publicar o primeiro tratado sobre a numismática antiga da Península Ibérica que se publicou en tres capítulos entre 1757 e 1773.Fraile Miguélez, M. (1887). Vallejo Girvés, M. (2001). miniatura|Estatua de Enrique Flórez na praza Maior de Villadiego. Tamén se ocupou das ciencias naturais, sinaladamente a partir de 1760, e a el débeselle o impulso para a formación do Real Gabinete de Ciencias Naturais.Martínez Añíbarro y Rives, M. (1889). Páxina 206.
En recoñecemento á súa traxectoria académica, en 1757 foi designado académico correspondente da Académie des inscriptions et belles-lettres de París. En 1758 foi nomeado membro honorario da Academia Zaragozana de Bo Gusto.
Na mañá do 1 de maio de 1773, logo das súas actividades relixiosas diarias ordinarias, Flórez sentiu unha indisposición, e o día seguinte un doutor diagnosticoulle unha pneumonía, que se foi agravando ata que lle provocou a morte na noite do día 5.
O seu soterramento tivo lugar o 7 de maio, no panteón da igrexa do propio convento de San Filipe no que residía, e o 18 dese mes celebráronse nese mesmo lugar as exequias na súa honra.Zeballos, E. (1773). Como consecuencia da derruba do convento en 1838, a súa tumba ficou destruída e os seus restos foron trasladados ao Cemiterio do Sur e, tras o desmantelamento deste, ao Cemiterio de La Almudena en 1942."Cementerio General del Sur". Asociacionfunerarte.com
Publicacións
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables publicadas por Enrique Flórez ao longo da súa traxectoria:Martínez Añíbarro y Rives, M. (1889). Páxinas 210-228."Flórez, Enrique (1702-1773)". Biblioteca Digital Hispánica (BDH.BNE.es)."Flórez, Enrique, 1702-1773". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (Cervantesvirtual.com).
Teoloxía
(1732-1738). Theologia Scholastica Iuxta Principia Scholae Augustiniano-Thomisticae. Madrid. Tomo I (1732); Tomo II (1733); Tomo III (1735); Tomo IV (1736); Tomo V (1738).
Historia, numismática e xeografía
(1742). Clave historial con que se abre la puerta a la historia eclesiástica y política. Madrid. [3ª ed. 1754] miniatura|Portada do tomo XVIII de España sagrada (1764). (1747-1775). España sagrada. Theatro geographico-histórico de la iglesia de España [...]. Madrid. (1747). I : Clave geográfica y geografía eclesiástica de todos los patriarcados. (1747). II: Cronología de la historia antigua de estos reinos. (1748). III: Predicación de los Apóstoles en España. (1749). IV: Último de la Iglesia en común. (1750). V: De la provincia cartaginense en particular. (1751). VI: De la Santa Iglesia de Toledo en cuanto Metropolitana. (1751). VII: De las Iglesias sufragáneas antiguas de Toledo. (1752). VIII: De las Iglesias sufragáneas antiguas de Toledo. (1752). IX: De la Provincia antigua de la Bética en común y de la Santa Iglesia de Sevilla en particular. (1753). X: De las Iglesias sufragáneas antiguas de Sevilla. (1753). XI: Contiene las vidas y escritos, nunca publicados hasta hoy, de algunos Varones Ilustres Cordobeses que florecieron en el Siglo nono. (1754). XII: De las Iglesias sufragáneas antiguas de Sevilla. (1756). XIII: De la Lusitania antigua en común y de su Metrópoli Mérida en particular. (1758). XIV: De las Iglesias de Ávila, Caliabria, Coria, Coimbra, Ebora, Egitania, Lamego, Lisboa, Osonoba, Pacense, Salamanca, Viseo y Zamora. (1759). XV: De la Provincia antigua de Galicia en común y de su Metrópoli, la Iglesia de Braga en particular. (1762). XVI: De la Santa Iglesia de Astorga en su estado antiguo y presente. (1763). XVII: De la Santa Iglesia de Orense. (1764). XVIII: De las Iglesias Britoniense y Dumiense, incluidas en la actual Mondoñedo. (1765). XIX: Contiene el estado antiguo de la Iglesia Iriense y Compostelana hasta su primer Arzobispo. (1765). XX: Historia Compostelana. (1766). XXI: Contiene la Iglesia de Porto, de la Galicia antigua, desde su origen hasta hoy. (1767). XXII: De la Iglesia de Tuy, desde su origen hasta el Siglo XVI. (1767). XXIII: Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy. (1768). XXIV: I: La Cantabria. (1769). XXIV: II: Antigüedades Tarraconenses. (1770). XXV: Contiene las Memorias antiguas eclesiásticas de la Santa Iglesia de Tarragona. (1771). XXVI: Contiene el estado antiguo de las Iglesias de Auca, de Valpuesta y de Burgos. (1772). XXVII: Contiene las Iglesias Colegiales, Monasterios y Santos de la Diócesis de Burgos. (1774). XXVIII: Contiene el estado antiguo de la Santa Iglesia Ausonense, hoy Vique. (1775). XXIX: Contiene el estado antiguo de la Santa Iglesia de Barcelona. (1754). Elogios del Santo Rey Dn. Fernando puestos en el sepulcro de Sevilla. Madrid.. (1757-1773). Medallas de las Colonias, Municipios y pueblos antiguos de España. Parte I (1757); Parte II (1758); Parte III (1773). Madrid. (1761). Memorias de las Reinas Católicas. Historia Genealógica de la Casa Real de Castilla y de León. Tomo I; Tomo II. Madrid. (1765). Viage de Ambrosio Morales por orden del rey Phelipe II a los reynos de Leon y Galicia, y principado de Asturias. Madrid. (1766). Respuesta del M. R. P. Fr. Henrique Florez a la carta publicada bajo el nombre de Dn. Juachin de Azur. Madrid. (1798). Clave Geographica para aprender Geographia los que no tienen maestro. Barcelona. (1745). Mapa de todos los sitios de batallas que tuvieron los Romanos en España.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía