Eisenia fetida é unha especie de miñoca de terra adaptada a descompoñer a materia orgánica. Estes vermes prosperan en vexetación que está apodrecendo, compost e esterco. Son epíxeas (viven na superficie) e raramente se atopan dentro do solo. Nesta característica précense a Lumbricus rubellus.
É de cor marrón avermellada, e o seu corpo está formado por aneis pequenos, e ten unha cola amarelada. Grupos de quetas en cada segmento do verme serven para agarrarse ás superficies a medida que o animal estira e contrae os seus músculos para impulsarse cara a diante ou atrás.
Son vermes nativos de Europa, pero foron introducidos (tanto á mantenta coma non) en todos os continentes agás a Antártida.
E. fetida posúe tamén un sistema de defensa único no seu fluído celómico: unhas células chamadas celomocitos segregan unha proteína chamada lisenina, que é unha toxina formadora de poros, que pode facer permeables e lisar células invasoras. Ataca con maior facilidade as células alleas cuxas membranas conteñan cantidades significativas de esfingomielina. Porén, a lisenina é tamén tóxica para organismos que carecen de esfingomielina nas súas paredes celulares, como Bacillus megaterium, aínda que esta vía non se comprende polo momento.
Usos E. fetida utilízase para a vermicompostaxe de lixo orgánico doméstico ou industrial. Os sistemas de vermicompostaxe séptica foron usados durante décadas e permiten o procesamento no sitio descentralizado de augas negras usando Eisenia fetida. Estes anélidos foron tamén utilizados para o seu uso en baños secos, que actualmente están sendo probados na India, Uganda e Myanmar.
Ademais, é un verme amplamente usado para pescar, e considérase un isco ideal para pescar tencas, bramas e rutilos.
Cheiro Cando se manexa con rudeza, exsuda un líquido acre, de aí o seu nome específico fetida (fedorenta). Isto suponse que é unha adaptación antipredadores.
miniatura|200px|Detalle de E. fetida coas quetas visibles.
Especies relacionadas E. fetida está estreitamente relacionada con E. andrei, tamén chamada E. f. andrei (tratada como subespecie). A única maneira simple de distinguilas é que E. fetida ten ás veces unha cor máis clara. As análises moleculares confirmaron a súa identidade como especies separadas, e os experimentos de cruzamentos mostraron que poden producir híbridos.
As características xenéticas mitocondriais da poboación irlandesa de E. fetida poderían ser o resultado do illamento reprodutivo, o que suxire que esta mostra podería constituír unha especie ou subespecie aínda non recoñecida de E. fetida.
Reprodución miniatura|200px|E. fetida copulando nun recipiente de compost.
Como noutras especies de miñocas, E. fetida é hermafrodita, pero normalmente a reprodución realízase entre individuos que copulan. Os dous vermes copulantes unen os seus clitelos, que son a bandas grandes de cor máis clara que conteñen os órganos reprodutores do verme, e que só son prominentes durante o proceso reprodutor. Os dous vermes intercambian esperma, que almacenan. Ambos os vermes segregan despois un casulo, que contén varios ovos, verten o seme almacenado dooutro individuo no casulo e prodúcese a fecundación dos ovos. Estes casulos teñen a forma dun limón, son de cor amarelo claro ao principio, facéndose de tons máis marróns a medida que os vermes que hai dentro maduran. Estes casulos son claramente visibles a simple vista. A 25 °C as E. fetida fillas saen do seu casulo nunhas 3 semanas.
Reparación do ADN
A radiación ionizante induce roturas nas febras do ADN e oxidación de bases tanto en células espermatoxénicas coma en células somáticas de E. fetida, e tamén induce a reparación destes danos.
Duración da vida A duración da vida de E. fetida en condicións controladas varía entre un e cinco anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Identify Tiger Worm" .
Categoría:Oligoquetos Categoría:Animais descritos en 1826