O 2,4,6-triclorofenol, tamén coñecido como 2,4,6-TCP, fenaclor, Dowicide 2S e OMAL, é un fenol clorado que foi usado como funxicida, herbicida, insecticida, antiséptico, defoliante e conservante de pegmentos. É un sólido cristalino amarelado cun forte cheiro fenólico. Descomponse coa calor producindo vapores tóxicos e corrosivos, incluíndo cloruro de hidróxeno e cloro.
Preparación
O 2,4,6-triclorofenol prodúcese industrialmente por cloración electrofílica do fenol:
250px
Efectos sobre a saúde En modelos animais o consumo de 2,4,6-triclorofenol orixina un incremento da incidencia de linfomas, leucemia e cancro de fígado. A Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos clasifícao como composto do Grupo B2 (probable carcinóxeno humano). O grao técnico desta substancia pode conter dibenzodioxinas policloradas (PCDDs), dibenzofuranos policlorados (PCDFs) e outros contaminantes.Briois C, Ryan S, Tabor D, Touati A, Gullett BK. Formation of polychlorinated dibenzo-p-dioxins and dibenzofurans from a mixture of chlorophenols over fly ash: influence of water vapor. Environ Sci Technol. 2007 Feb 1;41(3):850-6. doi: 10.1021/es0613761. PMID: 17328193.
Efectos ambientais O 2,4,6-triclorofenol é un contaminante ambiental que se atopou en lagos de auga doce como os Grandes Lagos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Triclorofenol (para outros isómeros).
Bibliografía
Ligazóns extrnas International Chemical Safety Card 1122 Compound Summary
Categoría:Desinfectantes Categoría:Fenois