Javier Fernández Pereira, máis coñecido como Javi Pereira, nado en Vigo o 13 de febreiro de 1987, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria Comezou o seu periplo coma adestrador no Goián FC na Segunda Galicia. Estivo cinco tempadas no club, e na tempada 2019-20 acadou o ascenso a Primeira Galicia. Despois na tempada 2021-2022 estivo compaxinando a canteira do Coruxo FC, onde xogara na categoría xuvenil, e mais co CD Pontellas, equipo co que descendeu ao acadar 38 puntos. Con todo, levou o Coruxo Xuvenil á División de Honor e logrou manter a categoría na súa última tempada.
Pasou a dirixir a Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas na Preferente Galicia, coa que obtivo o oitavo posto. Fichou despois pola UD Atios, e o dominio do equipo no grupo sur da Preferente fixo que en marzo de 2025 Gustavo Falqué o fichase para o Coruxo FC co obxectivo de manter a categoría na Segunda División RFEF.Dende a xornada 27 co seu debut ante a SD Compostela o conxunto de Fernández Pereira reafirmouse nunha continuidade e boa forma nos resultados, cunha única derrota no derbi de Pasarón cun Pontevedra Club de Fútbol líder, quince puntos cunha vitoria crucial na penúltima xornada nun encontro co filial do Racing de Santander daríalle pé para unha xornada final na que só facíalle falta un punto para pechar a permanencia e co playout garantizado, o triunfo ante o Guijuelo por dous goles marcaría o primeiro éxito do adestrador na categoría.
Notas
Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes