Heráclides de Eritras (grego antigo Ἡρακλείδης, latín Heraclides) foi un médico grego nado en Eritras de Xonia. Traxectoria Era discípulo de Crisermo, colaborador de Apolonio Herófilo e contemporáneo de Estrabón (século -I). Galeno di que era o discípulo máis distinguido de Crisermo, e menciona a súa obra, (De Herophili Secta), que tiña polo menos sete libros. Tamén escribiu un comentario sobre o sexto libro de Hipócrates, De Morbis Vulgaribus, pero ningunha das súas obras deu sobrevivido4. Heracleides en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 391. Notas
Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Personalidades de Eritras na Antigüidade Categoría:Médicos Categoría:Finados no século -I