Arturo Bandini (tamén Arturo Gabriel Bandini e Arturo Dominic Bandini) é un personaxe literario protagonista dunha serie de novelas de John Fante, escritor estadounidense do cal é o álter ego. O personaxe aparece tamén en filmes adaptados dos libros. Aparicións

A súa vida aparece reflectida en catro novelas. A primeira delas foi Wait until Spring, Bandini (1938), onde Arturo ten catorce anos e vive nunha vila de Colorado. Ao ano seguinte Fante publicou Ask the Dust, onde Bandini vive xa nos Ánxeles e busca ter unha carreira como escritor. De 1982 é Dreams from Bunker Hill, onde Bandini está contratado por un estudio de Hollywood para ler guións. Finalmente en 1985 publicouse The Road to Los Angeles, escrita en 1933, onde Arturo Bandini ten 18 anos e marcha de Colorado aos Ánxeles.

No filme Pregúntalle ao vento (Robert Towne, 2006) Arturo Bandini é interpretado por Colin Farrell, e en Wait Until Spring, Bandini (Dominique Deruddere, 1989) interprétao Michael Bacall.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cooper, S. (2000): Full of Life: A Biography of John Fante. Angel City Press. ISBN 9781883318581 Cooper, S. (2003): The John Fante Reader. HarperCollins. ISBN 9780060959487 Margaretto, Eduardo (2014): John Fante, vidas y obra. Como un soneto sin estrambote. Editorial Alrevés. ISBN 9788415900559

Categoría:Personaxes da literatura