Xosé Peña Fraga, coñecido como Pepet, nado en OrtigueiraDiario de Galicia, 6-4-1910, p. 11. cara 1893El Progreso, 12-10-1909, p. 3. e finado nos anos setenta dese século, foi un actor de cinema galego. Sábese moi pouco da súa vida, a pesar de que interpretou como secundario máis de trinta filmes en Hollywood e outros trinta en México.

Carreira Debeu comezar como cómico en España e a finais dos anos vinte emigrou á costa occidental dos Estados Unidos, a Hollywood, para continuar a súa carreira como actor secundario. Trala desaparición do chamado Hollywood hispano (onde se gravaban para a exportación segundas versións de filmes comerciais con actores españolfalantes), como consecuencia da mellora das técnicas de dobraxe, a finais dos anos trinta, marchou a México. Alí participaría no seu primeiro filme en 1944, e chegou a rodar con Luis Buñuel, Carlos Velo ou con Cantinflas. Tamén fixo esporádicos labores de guionista en Cuando lloran los valientes (1947) e en Escándalo de estrellas (1944).

Filmografía En Hollywood 1930.Charros, gauchos y manolas El dios del mar 1931. El comediante El Tenorio del harem La mujer X La jaula de los leones El código penal ¡Hola, Rusia! 1932. Soñadores de gloria, versión hispana de Dreamers of Glory 1933. Yo, tú y ella No dejes la puerta abierta, versión hispana de Don't Leave the Door Open El príncipe gondolero, versión hispana de The Gondolier Prince 1934.El pulpo humano, versión hispana de The Human Octopus Granaderos del amor, versión hispana de Grenadiers of Love 1935. Rosa de Francia, versión hispana de Rose of France Piernas de seda, versión hispana de Silk Legs Angelina o el honor de un brigadier Julieta compra un hijo , versión hispana de Juliet Buys a Baby Asegure a su mujer, versión hispana de He Trusted His Wife Señora casada necesita marido, versión hispana de A Married Woman Needs a Husband 1936. El capitán Tormenta Contra la corriente, versión hispana de Against the Current El crimen de media noche, versión hispana de The Crime at Midnight 1937. No matarás, versión hispana de Thou Shalt Not Kill 1938 Mis dos amores Castillos en el aire 1939. El rancho del pinar

En México 1944. Escándalo de estrellas 1955. Sólo para maridos Ensayo de un crimen 1957. La esquina de mi barrio El buen ladrón 1958. El gran espectáculo Sucedió en México A media luz los tres 1959. Flor de canela Señoritas 1960. Por ti aprendí a querer 1961. El analfabeto 1962. Cuanto vale tu hijo 1963. Cri Cri el grillito cantor 1964. Así amaron nuestros padres 1968. Cinco de chocolate y uno de fresa, dirixida por Carlos Velo Los caudillos (televisión)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas José Peña, o primeiro galego en Hollywood

El coruñés que dominó el segundo plano

Categoría:Actores de Ortigueira Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1893 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes