Cynthia Menéndez, nada no Calvario (Vigo) en 1993, é unha libreira e escritora galega.
Traxectoria Ten estudos de inglés, francés, portugués e italiano realizados en centros e universidades de Inglaterra, Gales, Francia, Os Estados Unidos, O Canadá e Portugal. É poeta e narradora. Traballa de libreira.
Na súa primeira novela, Son coma glaciares os barcos de aceiro (2025), homenaxea o Vigo industrial e combatente, os fillos e as fillas do traballo e da dignidade, valéndose das lembranzas dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical a finais dos anos 1990. Un Vigo que é industrial, combativo, loitador, é nostálxico, é poético e moi caótico.
Obra Son coma glaciares os barcos de aceiro (2025). Vigo: Galaxia. Galaxia. ISBN 978-84-1176-367-7. Son como glaciares los barcos de acero (2026). Pepitas de Calabaza. 160 páxs. ISBN ISBN 978-84-19689-41-2. Tradución da autora.
Premios e recoñecementos 2026: Premio Losada Diéguez na modalidade de creación literaria por Son coma glaciares os barcos de aceiro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1993 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Libreiros