A Universidade de Talín (en estoniano; Tallinna Ülikool, abreviado TLU) é unha universidade pública investigadora de Estonia que está localizada no centro de Talín, a capital de Estonia. É unha das tres maiores institucións de educación superior do país. Até 2021, tanto a QS World University como a Times Higher Education situábana entre as 1.000 mellores universidades do mundo; en 2025, está no grupo entre 1001-1200.

A universidade ten moitos estudantes internacionais, un ensino amigable e está dividida en varias facultades. O instituto tamén garante unha considerable liberdade académica (selección do plan de estudos), garantindo unha alta calidade educativa.

Historia A predecesora da Universidade de Talín, a Universidade Pedagóxica de Talín (en estoniano: Tallinna Pedagoogikaülikool), foi fundada en 1919. A Universidade de Talín, na súa forma actual foi creada o 18 de marzo de 2005 como resultado da fusión de varias universidades e institucións de investigación en Talín: Biblioteca Académica de Estonia (1946), Escola Báltica de Cine e Medios de Comunicación (1992/1997), Instituto de Humanidades de Estonia (1988), Instituto de Historia (1946) e Universidade Pedagóxica de Talín (1919/1952/1992).

Estrutura A universidade tiña matriculados, en 2024, uns 7.000 estudantes nalgún dos seus graos e máis de 14.000 participando en programas de educación continuada, sendo a terceira institución estoniana de educación superior. Entre os estudantes de grao, o 8% eran internacionais. Hai 846 empregados na universidade, dos cales 475 son persoal académico.

A Escola Báltica de Cine e Medios de Comunicación da Universidade de Talín, é a única institución do norte de Europa que ensina cine, televisión e produción audiovisual en inglés, e unha das maiores escolas de cine da rexión. O seu alumnado representa a máis de 40 países en todo o mundo.

En 2015, a Universidade de Talín, someteuse a unha reforma estrutural, pola cal as súas máis de 20 unidades estruturais (o legado das numerosas fusións que levaron ao seu establecemento) foron reorganizadas en seis escolas para optimizar o financiamento e eliminar a superposición entre as unidades de investigación e as de ensino.

Escolas

Escola Báltica de Cine, Medios, Artes e Comunicación Escola de Tecnoloxías Dixitais Escola de Educación Escola Superior de Goberno, Dereito e Sociedade Facultade de Ciencias Humanas Facultade de Ciencias Naturais e da Saúde

Colleges

College Haapsalu College Rakvere

Centros académicos

Centro de Tecnoloxía Educativa Centro de Innovación Educativa Centro de Paisaxe e Cultura Centro de Excelencia para a Promoción e Rehabilitación da Saúde Instituto Estoniano de Estudos da Poboación Instituto de Estudos Sociais Internacionais Instituto de Ecoloxía Instituto de Historia, Arqueoloxía e Historia da Arte

Centros de excelencia

Centro de Excelencia en Ciencias do Comportamento Centro de Excelencia en Innovación Educativa Centro de Excelencia en Estudos Interculturais Centro de Excelencia en Estudos Interdisciplinares Centro de Excelencia en Innovación en Medios e Cultura Dixital

Campus O campus é accesible co tranvía de Talín. Está preto do parque e castelo Kadriorg. Os edificios máis importantes levan nomes en latín. NomeImaxeAno de construciónArchitectosUrsacentro|senmarco1964Terra1938Alar Kotli e Erika NõvaSilva1982Ester LiibergNova2012Karli Luik, Maarja Kask e Ralf LõokeMarecentro|senmarco2006Mattias Agabus, Eero Endjärv, Raul Järg, Priit Pent e llimar TruverkBibliotecacentro|senmarco|220x220pxAstra2012Ignar Fjuk

Internacionalización A universidade foi clasificada entre as 15 mellores institucións da Europa emerxente e Asia Central pola porcentaxe de profesorado internacional. En 2023, Taiwán creou un centro de estudos chineses na Universidade de Tallin.

Deportes e cultura A Universidade ofrece múltiples actividades culturais e deportivas. Tamén mantén unha orquestra sinfónica, creada en 2013, un coro masculino, outro feminino e o grupo de danza folclórica Soveldaja.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Universidade de Talín Categoría:Talín