Patrick Johnston, nado en San Francisco (California) o 3 de setembro de 1946, é un político estadounidense. Exerceu como membro da Asemblea Estatal de California desde 1981 até 1991 e do Senado Estatal de California desde 1991 até 2000, representando o Condado de San Joaquin. Traxectoria Estudou no St. Joseph College en Mountain View, California. Graduouse en Artes polo Saint Patrick's Seminary and University, seguido dun mestrado en Representación Política pola California State University, Sacramento.

Johnston compezou a súa carreira como un empregado de informes de accidentes para o Ferrocarril Municipal de San Francisco. Traballou despois como axente de liberdade condicional en San Francisco e no Condado de Calaveras, California. Vivindo no Condado de Calaveras, Johnston deveu activo na política Demócrata e fíxose amigo de John Garamendi. Johnston coñeceu entón a Margaret Mary Nevin, unha estudante de dereito, e se mudou con ela a Stockton, California. Despois de que Nevin rematase os seus estudos en dereito, regresaron ao Condado de Calaveras.

Johnston foi delegado para a Convención Nacional Demócrata de 1972, onde deu o seu voto a George McGovern. Tras regresar da CND, Johnston retomou o seu traballo como axente de liberdade condicional e escribiu columnas sobre política para un diario local, mais foi despedido cando o diario entrou en creba. Johnston recibiu entón a oferta de servir como director de campaña de John Garamendi na súa candidatura á Asemblea Estatal de California. Garamendi resultou elixido, e Johnson serviu como o seu xefe de gabinete. Johnston dirixiu tamén a campaña electoral de Jerry Brown no Norte de California durante as eleccións a Gobernador de California de 1978. Garamendi foi posteriormente elixido para o Senado Estatal de Californial, e Johnson dimitiu como xefe de gabinete para concorrer á Asemblea Estatal de California.

A elección de Johnston á Asemblea produciuse despois de que o seu opoñente republicano fose declarado electo e xurara o cargo o 1 de decembro de 1980, gañando por unha marxe de tan só 18 votos. Tras pedir un reconto, Johnston foi declarado o gañador; os Republicanos levaron o asunto ós tribunais, onde o caso foi destituído. Johnston asumiu o cargo o 1 de xaneiro de 1981.

Despois da renuncia de John Garamendi a converterse no primeiro Comisionado de Seguros electo de California, Johnston buscou con éxito a elección ó senado estatal, derrotando a esposa de Garamendi, Patti Garamendi, na elección.

Dende que abandonou os seus cargos políticos, foi consultor de saúde e educación. En 2004, o Gobernador republicano Arnold Schwarzenegger nomeou a Johnston para a autoridade do Delta da Baía de California. En 2009, Johnston foi nomeado presidente e director executivo da Asociación de Plans de Saúde de California. Johnston foi o primeiro lexislador residente no Instituto de Estudos Gobernamentais da Universidade de California, Berkeley.

Notas

Categoría:Nados en 1946

Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Políticos dos Estados Unidos de América