A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade da Coruña, dedicada principalmente á promoción do xadrez, tanto a nivel formativo como competitivo. Fundouse o 26 de marzo de 1989, e desde entón mantén unha actividade continuada no ámbito deportivo e cultural.
Historia A Sociedade Palaestra naceu en 1989 como proxecto impulsado por persoas vinculadas ao ensino, ao deporte base e á cultura, cun enfoque integral que unise o desenvolvemento intelectual e físico. A elección do nome “Palaestra” —vocábulo que designaba na Grecia clásica o espazo para a práctica do exercicio e a formación— reflicte esta vontade de integración, igoal que o seu lema "ad discendum nos delectamus".
Actividade A principal actividade actual da entidade céntrase na promoción e ensino do xadrez, mantendo escolas activas de xadrez en colaboración con diferentes entidades:
O Sporting Club Casino da Coruña, onde Palaestra organiza cursos e actividades regulares. O Centro Comercial Los Rosales, que acolle outra das súas escolas de xadrez abertas ao público.
A entidade tamén organiza distintas accións culturais e de defensa do patrimonio cultural.
Foi tamén a entidade promotora da Federación Galega de Béisbol a través do seu equipo Panteras.
Obxectivos Palaestra promove o xadrez como ferramenta educativa, cultural e social, con especial atención ao traballo con nenos e nenas, así como á difusión do pensamento estratéxico e o xogo limpo.
Ligazóns externas
Páxina oficial Páxina para o xadrez Páxina cultural
Categoría:Xadrez en Galicia