Maguette Gueye, nado en Sakal (Louga) o 30 de decembro de 2002, é un futbolista senegalés que xoga como centrocampista no Racing de Santander, da Segunda División.
Traxectoria Nacido no arrondissement senegalés de Sakal, no departamento de Louga, chegou ao fútbol europeo en 2021, cando asinou como novo xogador do Partizani Tirana albanés, co que asinou un contrato por catro anos. Debutou só cinco días despois, nunha derrota por 1-0 ante o KF Teuta en Durrës. Militou tres anos no club de Tirana, disputando un total de 88 encontros oficiais, nos que marcou 8 goles, e conquistou unha liga albanesa e unha Supercopa.
En agosto de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Racing de Santander, da Segunda División española, que pagou por el arredor dun millón de euros.
Palmarés Partizani Kategoria Superiore (1): 2022/23. Supercopa de Albania (1): 2023.
Notas
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados no Senegal Categoría:Futbolistas do Senegal Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander