miniatura|Dana Zátopková en 2014 Dana Zátopková (de solteira Ingrová), nada en Fryštát o 19 de setembro de 1922 e finada en Praga o 13 de marzo de 2020, foi unha atleta checa. Logrou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1952 en lanzamento de xavelina.

Traxectoria Nas Olimpíadas de 1952 en Helsinqui gañou a medalla de ouro en lanzamento de xavelina. Só unha hora antes, o seu marido, Emil Zátopek, gañou o ouro en 5.000 m. Obtivo a medalla de prata nas Olimpíadas de 1960. Foi a campioa europea en 1954 e 1958.

O 1 de xuño de 1958 converteuse na muller máis vella no atletismo en estabelecer un récord mundial. Tiña 35 anos e 255 días cando fixo un lanzamento de 55,73 metros.

Zátopková e o seu marido foron testemuñas no casamento dos medallistas de ouro olímpico Olga Fikotová e Harold Connolly en Praga en 1957. Emil pediulle axuda ao entón presidente de Checoslovaquia Antonín Zápotocký para que Olga conseguise un permiso para casar con Connolly. Non se sabe con certeza se foi de axuda, porén, recibiron dito permiso uns días máis tarde.

Palmarés 1948Olimpíadas Londres, Reino Unido 7º39,94 m1950Campionato Europeo Bruxelas, Bélxica 5º41,34 m1952Olimpíadas Helsinqui, Finlandia 1º50,47 m1954Campionato Europeo Berna, Suíza 1º52,91 m1956Olimpíadas Melbourne, Australia 4º49,83 m1958Campionato Europeo Estocolmo, Suecia 1º56,02 m1960Olimpíadas Roma, Italia 2º53,78 m

Notas

Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1948 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Checoslovaquia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Checoslovaquia Categoría:Atletas olímpicos de Checoslovaquia Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en 1922