Trei kilometri pâna la capatul lumii é un filme romanés de 2024 dirixido por Emanuel Pârvu, a partir dun guión que el coescribiu con Miruna Berescu. Está protagonizado por Ciprian Chiujdea, Bogdan Dumitrache e Laura Vasiliu. Conta as consecuencias dun crime de odio contra un mozo homosexual nunha pequena aldea romanesa.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 17 de maio de 2024, onde competiu pola Palma de Ouro e gañou a Palma Queer. Foi escollido como candidato de Romanía para o Óscar ó mellor filme internacional e o Óscar ó mellor documental na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Adi, un mozo homosexual de 17 anos, pasa o verán na súa vila natal, no delta do Danubio. Unha noite, sofre unha brutal agresión sexual na rúa; ao día seguinte, o seu mundo muda. Os seus pais xa non o miran coma antes, e a aparente tranquilidade da vila comeza a esfarelarse.

Personaxes

Ciprian Chiujdea como Adi Bogdan Dumitrache como o pai Laura Vasiliu como a nai Valeriu Andriuță como o xefe de policía Ingrid Micu-Berescu como Ilinca Richard Bovnoczki Adrian Titieni como o sacerdote Alina Berzunţeanu Radu Gabriel Crina Semciuc

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Romanía propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua romanesa Categoría:Filmes de Romanía Categoría:Filmes ambientados en Romanía Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Romanía