Lorena Cabnal, nada en Guatemala en 1973, é unha activista guatemalteca, cofundadora do movemento feminista comunitario-territorial en Guatemala e da Red de Sanadoras Ancestrales del Feminismo Comunitario.
Traxectoria Lorena, ademais de feminista, é curandeira e filla da cosmoloxía maia xinca e xunto coas súas compañeiras defende o territorio, loitando contra os transxénicos, os tratados de libre comercio, contra os terratenentes no territorio ancestral e despois contra a minaría, e foron as accións machistas da súa vida cotiá, como o feito de que o goberno da súa comunidade estivese formado por 357 homes e ningunha muller e que só houbese guías espirituais masculinos, o que a levou a cuestionar a vida dentro da súa comunidade e xunto cun grupo de mulleres que compartían as mesmas preocupacións, deron paso ao feminismo comunitario territorial.
Notas
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Guatemala Categoría:Activistas de Guatemala Categoría:Feministas de Guatemala