Marcos o Mago, nado no século II, foi un gnóstico discípulo de Valentín, da escola anatolia ou oriental da chamada seita valentiniana, unha das formas adoptadas polo docetismo. Xerome faino natural de Exipto e Isidoro de Sevilla menciónao como natural de Menfis.Montserrat Torrents (1990), pp. 60-61
Traxectoria A principal fonte das súas ideas é o Adversus haereses de Ireneu de Lión,Scopello (2000), p. 362 quen o acusa de usar os seus coñecementos (por exemplo, pocións afrodisíacas) para seducir mulleres. Marcos empregaba prácticas cabalísticas, empregaba a xematría e tamén se baseaba na astroloxía. Practicaba todo tipo de técnicas máxicas coas que simulaba milagres, e convencía a moita xente. Ireneu tamén dixo que era un profeta capaz de transmitir o carisma profético aos demaisMontero (1997), pp. 197-198 e conseguir atraer un gran número de seguidores por medio das profecías, especialmente mulleres.
Segundo Ireneu, Marcos foi discípulo de Mani e mestre do heresiarca Prisciliano. Ensinou na provincia romana de Asia, e os seus discípulos no val do Ródano e en Lión,Moreschini e Norelli (2000), p. 225 onde Ireneu os atopou, que compararon as artes de Marcos coas do médico Anaxilao, e dixeron que era un precursor do anticristo. Tamén o denomina mago porque manipulaba a auga e o viño da consagración eucarística e obtiña cores vermellas e púrpuras (como sangue), e parecía coma se a graza derramase o seu sangue no cáliz. Rexeitou os sacramentos e, mesmo, o bautismo e substituíu a Trindade por unha Cuaternidade, admitindo en Deus o Inefable, o Silenzo, o Pai e a Verdade.
Ireneu tamén afirmaba que un demo vivía dentro de Marcos que o facía profetizar a el e tamén aos seus seguidores, chamados marcosianosScopello (2000), p. 361 (grego antigo: Μαρκώσιαι; latín: Marcosiae). Debateuse se as afirmacións de Ireneu eran certas ou non, pero os papiros máxicos confirman as conexións do gnosticismo coas prácticas máxicas.
Doutra banda, Epifanio de Salamina di que os discípulos de Marcos se baseaban na doutrina dos eóns, defendida polos gnósticos, e tamén que distinguían entre o Deus supremo e o Creador, e negaban a realidade da encarnación de Cristo e a resurrección do corpo. Este discurso parece achegar a Marcos á escola valentiniana oriental.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Marcosianismo Valentinianismo
Categoría:Nados no século II