Yenesi Suárez López, nada en Avilés o 18 de novembro de 2000 e coñecida como Yenesi é unha cantante e actriz asturiana.

Traxectoria Yenesi naceu en Avilés e criouse en L'Arena. De pequena descubriu a arte drag a partir de ver as drags desfilar polo porto de Eivisa. Máis tarde, aos 14 anos, a través do reality show RuPaul's Drag Race, empezou a descubrir o seu personaxe.

En 2022, a partir duns vídeos onde facía unhas imitacións cunha maquillaxe simple, gañou popularidade na rede social Twitter. Máis tarde fíxose viral con outro vídeo de ton satírico. Desde entón, a artista tivo un forte impacto nas redes e mantivo relación con personalidades como Samantha Hudson (quen é a súa «nai drag»).

En novembro de 2022 participou, xunto ás tamén artistas drag Hugáceo Crujiente, Carmen Farala, Marcus Massalami e Morfina, nun debate sobre a situación da arte drag en España no programa web Gen Playz. Desde xullo de 2023 participa no programa de Prime Vídeo Las Moderadoras, xunto a Esty Quesada. O 1 de abril de 2024 Atresmedia anunciou que Yenesi formaría parte do elenco da serie web Mariliendre, creada por Javier Ferreiro e producida por Javier Calvo e Javier Ambrossi.

En febreiro de 2025 confirmouse a súa participación como concursante da tempada 12 do programa Tu cara me suena de Antena 3.Confirmados todos los concursantes de ‘Tu Cara Me Suena’: de Gisela a Goyo Jiménez cadena100.es, 14 de febreiro de 2025

Carreira musical Yenesi conta con cinco cancións con máis de 100.000 reproducións en plataformas como Spotify.

Sinxelos AnoTítulo2022«La rave del amor»2023«Sin ti nada es igual»«YENESI»«CALIENTE»2024«NENA»«LOCOLOCO»

Filmografía

Programas AnoTítuloNotas2022Gen Playz2 episodiosEsto es un Late1 episodio2023Tentaciones After Show1 episodioEl Intermedio1 episodioCulpa Mía: Me pones a 1003 episodiosGodolkin te Busca1 episodioLa Morgue1 episodioLa Pura Verdad1 episodioVicio Cheat Meal3 episodios2023-Las Moderadoras40 episodios2025MariliendreTBA2025Tu cara me suenaTBA

Podcast AnoTítuloNotas2022-23Reyes del Palique5 episodios2022La Rica y la Quinqui1 episodio2023Animales Humanos1 episodioSabor a queer1 episodioDulces y Saladas1 episodioEl Guacal1 episodioSpecial People Club1 episodio2025Reyes del Palique1 episodio

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Avilés Categoría:Nados en 2000 Categoría:Activistas LGBT de España Categoría:Cantantes de España Categoría:Actores de Asturias Categoría:Persoas non binarias