O Centro de Irmandade Occitano-Catalán (Cercle d'Agermanament Occitanocatalà, en catalán e Comitat d'Afrairament Occitanocatalan en occitano), CAOC (ou CAÒC) é unha asociación que quere fomentar as relacións entre as nacións occitana e catalá. Historia
O CAOC/CAÒC fundouse formalmente no ano 1978 como continuador do labor iniciado pola Oficina de Relacions Meridionals, creada en 1928 por Josep Carbonell i Gener, logo suprimida pola ditadura franquista. Esta oficina, vencellada á Generalitat de Cataluña, encargábase de manter os vencellos culturais e lingüísticos con Occitania, para alén de promover a cultura occitana. O CAOC/CAÒC foi creado coa vontade de retomar aquel proxecto de xuntanza entre as nacións occitana e catalá e de proxectalas asemade nos seus territorios respectivos.
O pulo inicial que fixo posible a creación do CAOC/CAÒC xurdiu dunha iniciativa de Josep Maria Batista i Roca, coa colaboración de Enric Garriga Trullols e Joan Amarós Pla. O 11 de xullo de 1977 decidiuse crear unha nova irmandade entre Cataluña e Occitania. O 20 de novembro de 1977 foi presentado en Vilanova i la Geltrú un apelo no marco do Cogrés de Cultura Catalana, coa presenza sobranceira do propio Josep Carbonell i Gener, quen foi homenaxeado.
A primeira asemblea, a constituínte do CAOC/CAÒC, desenvolveuse nos Edificis Trade de Barcelona o 21 de xaneiro de 1978, presidida por Josep Maria Batista i Roca. O 11 de febreiro dese mesmo ano celebrouse a primeira xuntanza conxunta entre as seccións catalá e occitana na Universitat de Perpinyà (Cataluña) miniatura|Romaría en Portsalau. Os estatutos do CAOC/CAÒC, que limitaban o ámbito de acción a todos os países de lingua catalá e establecían o catalán e o occitano como as únicas linguas oficiais foron aprobados no Estado Español o 19 de xuño de 1979, asinados por Joan Amarós Pla, presidente da entidade naquela altura.
O CAOC/CAÒC ten sedes en Barcelona e mais en Tolosa do Linguadoc. Desde o ano académico 2008-2009, coa axuda da Direcció General de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, a entidade organiza cursos de lingua occitana (niveis A1, A2, B1, B2 e C1), para alén de obradoiros de conversa, fonética, literatura e outras expresións da lingua e da cultura occitanas, e todos os anos convoca diversos actos conxuntos como o Premi En Pere e os Focs de Sant Joan, no castelo de Monsegur, co apoio do Centre d'Estudis Càtars Renat Nelli, fundado en 1982.
No eido institucional, a sección occitana tivo ó comezo o historiador Pèire Vilar como presidente. Após tivo ese cargo o escritor e activista Robèrt Lafont. O seu primeiro secretario foi Pèire Lagarda. Polo que fai á sección catalá, Enric Garriga i Trullols foi unha figura chave e, na sección occitana, máis recentemente, o provenzal Pèire Pessamessa.
Desde 1978, o CAOC/CAÒC traballa a prol da cultura catalá e occitana nun amplo espazo xeográfico que abrangue desde os Alpes e o Macizo Central até Guardamar e desde o Atlántico gascón até o Piemonte, Sardeña e Sicilia. Malia as dificultades loxísticas e a falla de prioridades políticas nalgúns períodos, mantén un labor constante de divulgación da realidade occitana en Cataluña e do feito catalán en Occitania. Este traballo considérase unha parte significativa da proxección exterior de Cataluña, quer a nivel cultural, quer turístico e económico.
Entre as actividades máis emblemáticas salienta a xuntanza do Port de Salau, que desde hai máis de vinte e oito anos ten lugar anualmente en Esterri d'Àneu, co gallo de refacer os vencellos históricos entre os dous territorios.
O CAOC/CAÒC foi recoñecido como Asociación de Interese Cultural pola Generalitat de Cataluña o 23 de outubro de 1997.
Premios Rei En Pere Os Premios Rei En Pere foron instituídos polo CAOC/CAÒC en 1978 en Montpelllier.
Premiados:
1979. Entregado en Castelló de la Plana. Missió i Destí de Catalunya-Occitània de Esteve Albert i Corp, de Andorra. 1982. Entregado en Perpiñàn. La drilha de Adelina Isac, de Sarlat (Occitània) 1985. Entregado en Barcelona. Entendre Occitània de Josep Maria Serra i Estruch, de Barcelona. 1989. Entregado en Barcelona. El roman de Blandín de Cornualla i Guillot Ardit de Miramar. Cap a una novel·la cavalleresca de Vicent Martínez i Pérez, do País Valenciano. 1991. Entregado en Banyoles. La correspondència entre Loís Alibert i Josep Carbonell i Gener de Manuel Alquezar i Montañés. 1996. Entregado en Mataró. Bona taula de Vicent Marquès, de Aldaia, País Valenciano. miniatura|Placa conmemorativa na casa de nacemento de Pierre Vilar en Frontignan (Hérault).
Presidentes da secció occitana do CAOC/CAÒC
De 1978 a 1981: Pierre Vilar, historiador linguadociano. De 1981 a 1986: Robèrt Lafont, escritor e erudito provenzal. De 2002 a 2015: Pèire Pessamessa, escritor provenzal.
Presidentes da sección catalá do CAOC De 1978 a 1979: Josep Maria Batista i Roca. De 1979 a 1982: Joan Amorós i Pla. De 1982 a 1987: Joan Fuster. De 1987 a 2001: Joan Amorós i Pla. De 2001 a 2011: Enric Garriga i Trullols. De 2012 a 2014: Núria Bayó i Mañosa. De 2014 a 2019: Núria Ontiveros Briansó. De 2019 a 2022: Núria Comas Fornaguera. De 2022 a 2023: Francesc Sánchez Garcia. De 2023 a 2024: Núria Comas Fornaguera. De 2024-actualidade: Esther Lucea Teruel.
Categoría:1978 Categoría:Occitania