Malena Valles Becerra, nada en San Sebastián de los Reyes o 12 de xullo de 2000, é unha xogadora de balonmán española. Xoga de central no BM Porriño.

Traxectoria

Formouse no Club Balonmano Sanse, e en 2021 fichou polo BM Aula de Valladolid, de División de Honra. En 2022 fichou polo BM Porriño, onde xogou até 2025, tras chegar na tempada 2024-25 á final da EHF European Cup.

Estudou Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade Politécnica de Madrid, e graduouse en 2024 co TFG Análisis del clima motivacional y satisfacción laboral de las jugadoras de balonmano de División de Honor femenina según su lugar de procedencia.

Notas

Categoría:Nados en San Sebastián de los Reyes Categoría:Nados en 2000 Categoría:Xogadores do BM Porriño Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid