Narodniks foi o nome dado aos revolucionarios rusos das décadas de 1860 e 1870. Eran membros das elites cultivadas da Rusia, alfabetizadas e procedentes das cidades que idealizaban o regreso á vida no campo, inspirados no Romanticismo e nas ideas de Rousseau. O seu movemento é coñecido como Narodnichestvo (ou Narodismo). O termo deriva da expresión rusa "Khozhdenie v narod" (Хождение в народ), "Ir co pobo". Os narodniks xurdiron en resposta aos conflitos entre os campesiños e os kulaks. Kulaks era un termo despectivo para designar os campesiños ricos donos de grandes extensións de terras. Os narodniks apoiaban o campesiñado crendo firmemente que estes eran a clase revolucionaria, a única con poder real para derrocar á monarquía. Porén, os Narodniks tamén pensaban que o campesiñado precisaba dunha organización para guialos, crían no heroe romántico que levaría o pobo ao triunfo da revolución.

Este movemento terminou fracasando. Os Narodniks serían confrontados cunha realidade rural moi diferente á que eles pensaban. Os Narodniks non eran moi ben recibidos polos campesiños debido á súa procedencia de clase media-alta. De feito moitos deles tiveron que aprender ruso xa que eran criados coa lingua francesa, lingua das clases altas rusas, ou con alemán, tamén tiñan que aprender os costumes e vestir coma eles.

Despois do fracaso do movemento Narodnik, parte destes intelectuais iniciarían outro chamado Terra e liberdade (Semlja i Wolja) en 1876. A alfabetización de Rusia, ironicamente, foi unha axuda para a causa dos revolucionarios. Neste contexto foi publicado no 1872, en Rusia, O Capital, (Das Kapital) de Karl Marx.

As conclusións: novas estratexias

Un líder Narodnik, Stepnjak, escribiu en 1876 ao seu amigo Lavrov: "Non conseguimos nin sequera cambiar o pensamento dun entre 600 campesiños, menos aínda dun en 60"... "Todos recoñeceron a necesidade dunha organización... Unha revolución precisa de ser organizada".

Orlando Figes, o historiador inglés, escribe n' A traxedia dun pobo:

Segundo Orlando Figes, nos últimos 20 anos do réxime dos Tsares, mais de 17.000 persoas foron matadas ou feridas por terroristas.

Véxase tamén

Outros artigos Revolución Rusa. A publicación de "Das Kapital" en Rusia en 1872. Mikhail Bakunin.

Categoría:Historia de Rusia