O termo Auga pode referirse a:

Auga, substancia química inorgánica, transparente, insípida, inodora e case incolora, que é o principal constituínte da hidrosfera terrestre e dos fluídos de todos os organismos vivos coñecidos (no que actúa como disolvente).

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Augas Santas, parroquia do concello de Rois; Auga Doce, lugar da parroquia de Faro, no concello de Viveiro; Auga Quente, lugar da parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz do Castrodouro; O Mesón da Auga, lugar da parroquia de San Pedro de Nós, no concello de Oleiros; A Pedra da Auga, lugar da parroquia de Ponteareas, no concello de Ponteareas; Rego de Auga, lugar da parroquia de Crecente, no concello de Crecente; Augacai, lugar da parroquia de Dornelas, no concello de Silleda; Augalada, lugar da parroquia de Bascoi, no concello de Mesía; Augapesada, lugar da parroquia de Ames, no concello de Ames; Augarrei, lugar da parroquia de Canduas, no concello de Cabana de Bergantiños; Porto Augavella, lugar da parroquia de Oroso, no concello da Caniza; A Augaxosa, lugar da parroquia da Muxueira, no concello de Riotorto; A Madredauga, lugar da parroquia de Rosende, no concello do Saviñao; A Penadauga, lugar da parroquia de Escuadro, no concello de Silleda; A Pozadauga, lugar da parroquia da Barqueira, no concello de Cerdido; Regodauga, lugar da parroquia de Budiño, no concello do Pino; Ribadauga, lugar da parroquia de Luaces, no concello de Pol.

Véxase tamén Outros artigos