Isabel Miramontes, nada en Santiago de Compostela en 1962 é unha escultora belga de orixe galega. É coñecida polas súas desproporcionadas esculturas de bronce de figuras humanas.
Traxectoria Miramontes naceu en Santiago de Compostela, pero creceu e estudou en Bélxica.Obtivo un diploma en Belas Artes no Institut Sainte Marie de Bruxelas e en 1988 continuou os seus estudos na Academia de Belas Artes de Saint-Gilles, no estudo de Patrick Poullart onde desenvolveu o debuxo e esbozo sobre modelos vivos.Despois recibiu clases do historiador da arte Gastón Fernández quen influíu no seu pensamento artístico e posteriormente no taller de Jacob Hasbún, onde descubriu a súa paixón pola escultura, que se converteu no seu medio de expresión preferido.
Emprega princialmente o bronce como material nas súas esculturas. Exhibe o movemento do corpo humano e divídeo en tiras, espirales e formas retortas, e esta fluidez contrasta co rostro que ten unha expresión en branco. Esta xustaposición implica unha sensación de drama e tensión. Miramontes pretende transmitir non só a actividade física senón tamén a emocional, representando o poder e a fraxilidade ambiguos da psique, os soños e os éxitos, ou o desexo de illamento e liberdade.
O espazo é un aspecto importante nas súas obras. Crea esculturas abstractas e surrealistas que xogan coa perspectiva e a proporción, como se evidencia nos seus movementos esaxerados e corpos alargados.
As súas esculturas expóñense en galerías de todo o mundo, e participa en numerosas feiras de arte contemporánea e outros eventos.
Selección de traballos
Siesta Seaside Tango Primavera Entasis Amor Corps Accord Songe Fauteuil Arobase My Way
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Escultores de Bélxica