Maider Barros Muñoz, nada en Errenteria (Guipúscoa) o 4 de setembro de 2001, é unha xogadora de balonmán vasca. Xoga de extremo no BM Porriño.
Traxectoria En 2019 chegou ao Balonmano Zuazo, para cubrir a marcha de Paula Valdivia. Debutou fronte ao Bera Bera na primeira xornada de liga e marcou os dous primeiros goles en competición oficial un mes despois fronte o KH-7 Granollers.
En 2021 fichou polo BM Porriño, onde coincidiu desde 2023 coa súa curmá Maddi Bengoetxea. Na tempada 2024-25 o equipo chegou á final da EHF European Cup. Estudante do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo, formou parte do equipo de balonmán feminino universitario co que acadou o campionato de España en 2021 e 2022, e gañou o campionato do mundo coa selección de España universitaria.
Notas
Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Xogadores do BM Porriño Categoría:Nados en Errenteria Categoría:Nados en 2001 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo