Kagerō nikki (en ; en ) é unha obra da literatura clásica xaponesa, escrita cara a 974, pertencente ao xénero nikki bungaku ou "diarios literarios". A autora do Kagerō nikki foi unha muller coñecida como a nai de Michitsuna. Cunha combinación de waka e prosa, transmitiu a vida dunha nobre durante o período Heian.

Título O termo nipón kagerō ten tres posibles significados: cabaliño do demo, vaga de calor ou arañeira. Esta última interpretación foi favorecida polos especialistas anglófonos Arthur Waley e Edward Seidensticker, este último o primeiro tradutor do libro ao inglés.

Contido Segundo Sonja Arntzen, o Kagerō nikki pódese ler coma un rexistro da fin do matrimonio da nai de Michitsuna, así como a súa procura dunha razón para vivir. A obra conta a relación entre a autora e o seu esposo, Fujiwara no Kaneie, facendo tamén fincapé nas súas relacións sociais e familiares (co seu fillo e, máis tarde, coa súa filla adoptiva). As entradas do diario recollen sucesos de importancia emocional, como as visitas de Kaneie ás súas amantes namentres a nai de Michitsuna quedaba no fogar a coidar do fillo. Os sentimentos da autora polo seu home na maneira en que o ton de angustia aumenta canto menos se ven.

Buscando consolo, a nai de Michitsuna peregrina a varios templos e montañas de importancia relixiosa. Adoita expresar o seu desexo de converterse en monxa budista, mais evita facelo polo efecto que tería no futuro do seu neno. Cara ao final do libro, acepta a separación do seu marido e dedícase ao coidado dos seus fillos.

A historia remata coa autora gozando do festival de aninovo. Nese momento, escoita a alguén chamar á porta, mais o visitante nunca é identificado no texto.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Literatura do Xapón Categoría:Literatura do período Heian