Sarai Samartín Lago, nada en Mos o 23 de marzo de 1995, é unha xogadora de balonmán galega. Xoga de extremo no BM Porriño e mais na selección feminina de balonmán de España.

Traxectoria Formouse na base do BM Porriño, e co tempo converteuse na capitá do equipo. Comezou xogando como lateral, e pasou ao centro da defensa. Durante os primeiros anos como xogadora facía o cambio ataque-defensa, e tras unha lesión evolucionou e pasou a ter gran capacidade defensiva. A lesión de Thais Fermo no extremo fixo que se recolocase nesa posición.

Na tempada 2022-23 o equipo acadou a 5.ª posición na liga regular e na 2023-24 chegou ás semifinais do play-off polo título, o que lle permitiu clasificarse para a competición europea. Na tempada 2024-25 chegaron á final da EHF European Cup.

O 7 de xullo de 2017 debutou coa selección española nunha serie de partidos amigables ante Romanía, e marcou o seu primeiro gol dous días despois en Huesca.

Estudou o grao de Educación Infantil na Universidade de Vigo.

Notas

Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia

Categoría:Xogadores do BM Porriño Categoría:Nados en Mos Categoría:Nados en 1995 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo